Entrevista | Carlos Iglesias Alcalde da Illa de Arousa

“Sempre tiven claro que o meu paso pola política tiña que ter un principio e un final”

“A ninguén se lle pasa pola cabeza que poida ser agredido depois de ser elixido como representante do seu pobo”

Carlos Iglesias non será candidato do PSOE á Alcaldía da Illa.

Carlos Iglesias non será candidato do PSOE á Alcaldía da Illa. / INAKI ABELLA DIEGUEZ

A menos dun mes para cumprir 42 este licenciado en dereito por la Universidade de Santiago de Compostela tomou a decisión de dar un paso a un lado e deixar que sexan outros con máis folgos os que asuman o proxecto socialista da Arousa. Carlos Iglesias deixa atrás doce anos vencellado á política municipal, primeiro como tenente de alcalde de Manuel Vázquez e despois oito anos ocupando a Alcaldía do municipio.

–Oito anos como alcalde, non son moitos os que o deixan unha maioría absoluta

–Sempre tiven claro que o meu paso pola política tiña que ser unha cousa con principio e fin. Esa decisión trasladóuselle a todos e foi valorada de forma positiva todos, tanto con concelleiros como co partido. É unha decisión persoal na que só recibín apoios. Dentro do propio partido e do propio grupo de goberno atopamos un relevo que pensamos que é moi bo, que é Luis Arosa. Leva oito anos comigo e cremos que é unha situación proclive a cambiar o candidato. Segue sendo o mesmo proxecto, pero con persoas novas, un feito que amosa que a agrupación socialista da Illa é moi activa.

–Non se arrepentirá?

–Non sei. É a primeira vez que me enfronto a isto de deixar a primeira liña política. Voi quedar como militante de base e alí estarei para axudar a todo o que se necesite.

–Nestes oito anos, cal foi o proxecto do que se sinte máis orgulloso?

–Ademáis de conseguir proxectos grandes, como a rehabilitación das casas modernistas, a remodelación da avenida Castelao ou a reforma da praza do Regueiro, todas elas obras moi necesarias e reivindicadas na Illa, síntome moi orgulloso de non tivésemos desatendido as pequenas cousas, os servizos básicos municipais. Penso que estivemos á altura do que a xente necesitaba, e incluso, chegamos a ampliar cuestión como os servizos sociais ou mellorar o alcantarillado, cousas que non se ven pero que son tan importantes como as grandes infraestruturas. Quédome con todo o conxunto, porque todas serviron para modernizar A Illa.

"A singularidade é unha loita da Illa por un recoñecemento que é xusto, somos o único municipio insular de Galicia"

–E que cousas lle quedaron por facer?

–Nunca deixamos de traballar en conquerir os terreos da zona deportiva de Testos. Sempre nos interesou completar ese proxecto coa construcción do novo pavillón e otras infraestruturas porque sabemos que van a ser moi usadas, pois na Illa existe unha gran afición ao deporte. A mostra está no que ocorreu cando se abriron as portas do ximnasio, que foi un éxito, algo que compensa todo o traballo que levou conseguilo.

–Tamén continúa o problema de Costas e a singularidade.

–A singularidade é unha loita que ten A Illa desde a aprobación da Ley de Costas, unha loita na que pedimos o que é xusto, que se recoñeza a nosa particular orografía, que obriga a ter un tratamento específico. Levamos anos facendo cousas, a última coas alegacións presentadas á Lei do Litoral de Galicia, unas alegacións que sempre temos preparadas. Para o desenvolvemento da Arousa o único camiño pasa por recoñecer a singularidade.

–Vese acompañando a Luis Arosa na futura lista electoral?

–Eu estou para o que me pida o partido a calquera dos niveis. A candidatura será elaborada polo noso candidato, Luis Arosa, e pola agrupación local e eu estarei alí onde me digan.

–Como está sendo o relevo ao frente do partido estes días?

–O relevo está sendo moi tranquilo. Mantemos varios encontros á semana nos que pomos encima da mesa ideas e proxectos, todo aquilo que queremos que sexa A Illa nos vindeiros catro anos.

Non teño dúbida ningunha de que A Illa seguirá confiando no proxecto socialista

–Cre que A Illa vai seguir sendo o bastión socialista que foi nesta comarca?

–Non teño dúbida ninguna. Desde que se conformou como concello A Illa, en xaneiro de 1997, iniciamos un proceso de cambio e transformación deste pobo que é evidente. Seguimos tendo un proxecto moi vivo para os veciños da Illa e temos a experiencia de goberno. No caso de Luis Arosa, ten oito anos no Concello asumindo a xestión de sectores estratéxicos por iso a nosa intención é revalidar o goberno e continuar con ese proceso.

–A diferencia doutros concellos limítrofes os dous mandatos da Illa non se caracterizaron por polémicas exacerbadas

–Xa o meu carácter non dá pé a confrontacións políticas duras, de mal gusto, e con tonos que non se poden ter en política. O tono sempre ten que ser conciliador e de respeto, aínda que sexamos grupos diferentes con ideas contrarias. Os representantes do pobo, sexamos goberno ou oposición, por respecto aos nosos electores, temos que ter un comportamento e unas relacións o máis normais posibles. Non hai por que encrudecer o ton se se pode chegar a acordos.

–Un alcalde tense que enfrentar a moitas críticas, pero pensou algunha vez que chegara a ser agredido?

–A ninguén se lle pasa iso pola cabeza cando se presenta. Unha das cousas máis importantes e bonitas que che pode suceder é que te voten os teus veciños para traballar polo ben común, por iso nunca esperar que ocorran este tipo de situación. De todas formas, pensó que foi un feito illado e non representa para nada o sentir xeral e o traballo da vida política.

–Xa ten decidido o seu destino

–Non, estou centrado na labora da Alcaldía ata que tome posesión a nova corporación, e despois poñerémonos a ver que se pode facer e a onde nos leva o destino.

[object Object]

–O seu bisavó foi “paseado” na Guerra Civil, como descubriu vostede este feito?

–Foi algo que permaneceu moitos anos oculto. Avelino Fuentes era o avó da miña nai e retornara dos Estados Unidos despois de pasar alí unha etapa longa na emigración. Retornou depois do Crack do 29 para estar coa familia. Chegou con ideas reformadoras e foi fundador do pósito e representante da UXT do mar. No Golpe de Estado de Franco foi directamente asesinado só por ser representante sindical dos mariñeiros. Nin a muller ni na filla, miñas bisavoa e avoa, lle contaron moito aos seus fillos e tivo que ser unha tía a que lle contou todo a miña nai despois de que morrese a viúva.Desde entón, na miña casa sempre soubemos o que lle pasou a Avelino Fuentes.

–Estaba no goberno do 1934, cando A Illa foi independente?

–Pois si, foi Ministro da Marina. Estaba na taberna de Juanito de Luis, xunto a Manuel Iglesias, meu bisavó paterno, que foi nomeado ministro de Gobernación.

–Influiulle algo á hora de entrar na política?

–Directamente non, pero na nosa casa os meus antepasados sempre foron de esquerdas e vencellados ao PSOE, especialmente pola línea materna. Si que puido influenciar a estreitar o vencello de toda a familia coa esquerda. Dentro do PSOE teño moitos familiares que son militantes, e incluso, un tío e un curmán chegaron a ser concelleiros. Lembro desde moi pequeño que na casa de meu avó se facía o ensobrado dos votos antes das eleccións, é algo que sempre tiven na casa.

–Recentemente houbo unhas excavacións onde se cre que foi soterrado, comunicáronlle algo ao respecto?

–Comentáronos que recolleron mostras, pero o que fixeron con miña nai non tivo resultado positivo. As últimas noticias revelan que foi enterrado alí nunha fosa común, pero hai discrepancias sobre onde foi asesinado, se alí ou durante o camiño.

Suscríbete para seguir leyendo