Caravana de poesía en New York con marca galega

Nova edición do Kerouac co vigués Marcos de la Fuente e a galega María Medín Doce

Marcos de la Fuente, en el Kerouac en México.   | // KEROUAC

Marcos de la Fuente, en el Kerouac en México. | // KEROUAC / mar mato

Mar Mato

Mar Mato

Nunha pasada edición do Festival Kerouac en New York, o vigués Marcos de la Fuente resaltaba: “Los poetas son poderosos”. Para que esa forza prosiga, o autor e organizador do certame lanza con Vanesa Álvarez unha nova edición da cita que comezou onte na metrópole norteamericana e que incluirá unha caravana de creadores declamando pola cidade. Ata o domingo, se poderán escoitar as voces literarias de escritores chegados de diferentes puntos, incluída a da galega María Medín Doce.

Nun inicio, estaba convidada tamén a viguesa Oriana Méndez pero ao final non puido acudir, segundo informou a organización.

No comezo desta oitava edición do Festival Kerouac o punto de encontro foi onte o Bowery Poetry Club coa noite do micro aberto. Ao peche desta edición, estaba previsto que declamaran Medín doce, o vasco Kirmen Uribe coa pianista Nerea Arrieta; e Bob Holman, fundador do Bowery Club.

Bob actuara nunha edición anterior en Vigo e segundo De la Fuente é “unha figura perenne na escena neoiorquina”.

Para hoxe xoves, o programa traslada os actos ao xardín do Instituto Cervantes cos madrileños Oscar Curieses e Pablo Ramírez, mailo artista vasco Balu e o poeta mexicano Martín Rangel.

Tamén hoxe De la Fuente revisitará o libro “Poeta en Nueva York” de Lorca, co presidente da academia de poetas americanos, Ricardo Maldonado; Arantxa Araujo (performer) e o guitarrista Aldo Pérez. “Trátase dun proxecto de poesía expandida e visuais” que inclúe instalacións das artistas visuais Vanesa Álvarez e Leandro Comrei, engade.

Promete moito tamén a xornada do venres coa música como protagonista coa palabra da poeta afrolatina Mercy Tullis, a neoiorquina Puma Peri, o saxofonista de free jazz Devin Brahja e amúsica o poeta sonoro Martín Rangel, os vascos Anonyme Popular e o músico David Amram, amigo de Jack Kerouac.

O domingo será un día especial tamén cunha acción singular, a caravana de poetas que percorrerá a cidade dende a Washington Square Park ata Central Park a declamar co altofalante na man.

Nas paradas previstas, realizarán lecturas improvisadas, segundo informou a organización.