Rosa Cedrón, elixida para a Real Academia Galega de Belas Artes

Rosa Cedrón.

Rosa Cedrón. / REDACCIÓN

REDACCIÓN

A Real Academia Galega de Belas Artes acordou o pasado sábado elixir a Rosa Cedrón Fernández académica de número electa da sección de música da institución, cubrindo a praza, polo seu pasamento, do pianista Ramón Castromil Ventureira. Cedrón, titulada superior en violoncello, foi membro de importantes agrupacións sinfónicas galegas e profesora de conservatorio. “O seu éxito acadado pola súa traxectoria como cantante, no grupo Luar na lubre e na súa carrera en solitario, fixo dela unha artista moi popular entre os públicos máis diversos”, sinala a RAGBA nun comunicado.