‘Idol’, de Alba Chan e Ene, Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético

Ene (esquerda)  e Alba Chan.

Ene (esquerda) e Alba Chan. / REDACCIÓN

REDACCIÓN

“Idol”, de Alba Chan e Ene, gañou o V Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, informou nunha nota Xerais, que publicará a obra a próxima primavera. O cómic, de carácter xuvenil, conta a historia de dúas rapazas que participan nun talent show musical. O xurado, composto por Miguel Porto, Fernando Llor e Kiko da Silva, por parte do Garaxe Hermético, e Anaír Rodríguez e Fran Alonso, en representación de Xerais, salientou a enorme capacidade de conexión que ten “Idol” para empatizar co lectorado adolescente e visibilizar os seus gustos, problemas e ansiedades.