Premios Bacelos a Deleite e a Tapias Mariñán polo uso do galego no etiquetado

As dúas firmas reciben os galardóns Bacelos de Prata o día 7 de outubro en Ribadavia

REDACCIÓN

O xurado dos Premios Bacelos de Prata 2023 recoñeceu a Adega Tapias Mariñán e a empresa Leite Noso Sociedade de Gandeiros Galegos. Estivo composto, entre outros, por Avelino Muleiro, presidente da Asociación Álvaro das Casas; Xosé González Martínez, presidente do Foro Enrique Peinador; Clodio González Pérez, etnólogo, e Xosé Carballido, enxeñeiro técnico da Consellería de Medio Rural. Os galardóns serán entregados o 7 de outubro en Ribadavia.

Adega Tapias Mariñán, da Denominación de Orixe Monterrei, está situada na localidade de Pazos, no ourensán concello de Verín, e emprega a lingua galega nas etiquetas dos seus viños vendidos internacionalmente.

Pola súa parte, Leite Noso Sociedade de Gandeiros Galegos é unha empresa constituída no ano 2016 en Santiago. As súas marcas Deleite e Muuu están etiquetadas exclusivamente en lingua galega.