maría vázquez e francisca iglesias | Actrices en “Matria”

“Ás veces, tiña ganas de que acabara a rodaxe porque estaba sufrindo”

“Se vives na precariedade absoluta, só te preocupas por sobrevivir, non podes pedir a esa persoa que pense como saír da situación tóxica na que está”, reflexiona Vázquez, mellor actriz en Málaga

María Vázquez (esq.), na preestrea
do filme esta semana, xunto 
a Francisca Iglesias.  | // IÑAKI ABELLA

María Vázquez (esq.), na preestrea do filme esta semana, xunto a Francisca Iglesias. | // IÑAKI ABELLA / mar mato

Mar Mato

Mar Mato

“Matria”, unha das películas galegas e en galego que este ano se estrearon na Berlinale e no Festival de Cine de Málaga, chega ás salas o venres. Se poden, non perdan a ocasión de vela. Pagará a pena pola intensa e inesquecible actuación de María Vázquez, quen gañou onte en Málaga a Biznaga de Prata á mellor interpretación feminina, pero tamén por un final que te deixa chantada na butaca. Vázquez dá vida a Ramona, unha muller brava das Rías Baixas que debe loitar contra o machismo, a precariedade laboral e contra si mesma. O director, o vigués Álvaro Gago, inspirouse en Francisca Iglesias, a protagonista da curta homónima coa que venceu no Sundance e que durante anos coidou o seu avó. Francis, no filme, desempeña o rol da camareira do bar onde María vai facer a festa e apagar un pouco as penas.

–Imaxino que están a vivir un soño.

–María Vázquez: Estou esgotada. Mira, afónica, pero moi contenta por facer algo da túa terra e que funciona fóra, que se converte en universal. A xente emociónase con esta historia en Málaga e Alemania. Pareceume moi emocionante. Que unha película na que traballamos tanto tempo, que funcione é a felicidade.

–Francisca Iglesias: Non teño palabras para falar da ovación en Málaga. Foi tan emocionante, tan bonito. Cando vin aquela xente de pé a aplaudir despois de ver a película, non parei de chorar. Quedei abraiada.A xente mesmo aplaudiu no pase de prensa. Non daba crédito. Doume por satisfeita. Quero dicir tamén que os actores están moi mal pagos.

–M.V.: Ela deuse conta de que traballamos moito.

–F.I.: Non é só facer a película, é movela despois. Álvaro fixo un traballo enorme para transmitir esta historia de mulleres e para mulleres recorrendo o mundo enteiro.

–María, como preparaches o personaxe para interiorizalo?

–M.V.: A verdade é que traballamos moito, empezamos un ano antes. Foi un proceso longo. Primeiro, xuntámonos a convivir coa que fai da miña amiga, coa que fai da miña filla. Álvaro presentoume a Francis dende o primeiro día, o que era moi importante. Eu tiña medo de que non me quixera. Ela foi a miña coach, estaba moito comigo. Deume moitas claves. Abriume Vilanova e arredores, a súa familia. Foi un traballo de inmersión total.

–Mesmo traballaches na conserveira.

–M.V: Si, é que fun traballar aos sitios nos que traballa o meu personaxe no filme. Non fun mirar. Fun varios días a todos os traballos que fago. O máis difícil foi encordar o mexillón. Foi duro. O patrón do barco [bateeiro]dicíame que o facía mal e tiven que seguir indo de madrugada ata que o fixen regular. El dixo: ‘Ben, ben, non o fai pero bueno’ pode colar. Estiven vivindo alí (en Vilanova de Arousa) dende o mes antes de rodar e varios meses ía e viña todos os días para durmir en Santiago para facer o traballo lingüístico. Tamén tiven unha lingüista que me axudou. Elas actúan de marabilla mesmo sen guión e deixábanme muda. Álvaro dicíame ‘contéstalles’ pero eu non podía engadir nada máis á conversa porque elas eran impresionantes. Eu necesitaba improvisar con esa fonética.

–Francisca, como viches ti a María no papel. Aínda que non é exactamente a túa historia, recoñéceste nela?

–F.I.: Quero recalcar que é unha ficción. Eu teño unha filla que é unha xoia, empezou aos 15 anos a traballar. Despois, o papel de María aínda que é ficción, é como se fora eu mesma. Mellor non o puido facer.

–M.V.: É o piropo máis grande que me poden dicir.

–F.I.: Bueno, Álvaro tamén influiu e coida moitísimo a xente que traballa con el. Antes de facer a película el quere que os actores e actrices vivan a historia antes de gravala. Entón, a película xa está en ti.

–María, cando foi da Berlinale, alguén comentou que lle parecía a túa interpretación sobreactuada. Porén eu defendo que non, cravas perfectamente a algunhas mulleres galegas que teño coñecido.

–M.V.: Eu fiábame de Álvaro. A clave do equilibrio tíñaa el. Eu tireime á piscina ao 100% sabendo que tiña unha rede que era Álvaro. Ao estar alí de inmersión moitas veces, en ningún momento sentín que puidera sobreactuar, ao contrario... Este carácter de moitas mulleres do mar é máis para arriba.

–F.I.: Si, é moito máis forte nalgunhas mulleres porque ao vivir esas situacións o carácter enduréceseche moitísimo. Se ela non o fixera con esa forza, non interpretaría a estas mulleres.

–Quería pedirvos que reflexionedes un pouco sobre a situación amorosa da protagonista. O home co que está non a enche pero ela non dá tomado a decisión de poñer punto final, por que neste século XXI ás mulleres lles custa desconectar con esa parte que non as beneficia?

–M.V.: Ademais de que socialmente se normalizan certas situacións, aquí hai unha cousa clave na película e que é a precariedade laboral das mulleres traballadoras. Se ti vives na precariedade absoluta onde só podes preocuparte por sobrevivir e aínda así non chegas a fin de mes, non podemos pedirlle a esa persoa que se ocupe de pensar en como saír da situación tóxica na que vive porque non vai ver as posibilidades. Por iso, é importante loitar polos dereitos da muller traballadora, que se dignifiquen os nosos traballos. Así poderiamos preocuparnos de nós e non só de sobrevivir.Neste personaxe vemos que é unha muller á que non quixeron ben. Cando non aprendes como é o querer, cando che fan de menos sempre, ti normalizas que haxa un maromo na casa que che fai de menos.

–Pode axudar o filme ás mulleres máis novas a identificar mellor esas situacións tóxicas?

–M.V.: Oxalá, é o que me encantaría. Non sei é tan fácil conseguilo. Para iso se fan as películas tamén.

–F.I.: Non todas pero eu creo que algunha muller vaise sentar a pensar para dicir ‘mi má, non é igual pero é parecido’.

–Sobre as conversas nai e filla, hai momentos moi duros, que te tronzan por dentro coa visceralidade.

–M.V.: Saiu todo fluído pero obviamente eran escenas duras onde había que estar moi concentradas, moi metidas na situación. A veces, dicías: ‘teño ganas de que acabe xa porque estou sufrindo, é duro’. Tamén é habitual que cando tes moita frustración ou un problema, con quen o pagas? Con quen máis queres. A min, tamén me pasa. Estou cansa do traballo e con quen me cabreo é cos meus fillos. Esta muller ten medo de que a filla cometa os mesmos erros. Por querer protexela, estaa oprimindo, pero pouco a pouco vaise dando conta de que a filla ten que seguir o seu camiño. Por iso, me gusta a frase de ‘fai quilómetros’ cando lle entrega as chaves.

–Francisca, o señor que atende o personaxe de Ramona é tal cal era o avó de Gago?

–F.I.: Non tiña o carácter tan brusco que lle puxo ao principio. Eu coidaba a avoa e o avó, pero ela morreu ao pouco. Os fillos dixéronme que tiña trato difícil, pero eu estiven moi ben. Téñoo levado ao balneario, a picar algo, como se fora o meu avó. El protexíame tamén porque a miña vida non foi un camiño de rosas. Foi moi bo comigo.

Tres premios para el cine gallego

Además del premio a la mejor interpretación femenina a María Vázquez, la película de Álvaro Gago regresa del Festival de Málaga con el Premio ASECAM Ópera Prima de la Sección Oficial de Largometrajes. Pero los premios de “Matria” no son los únicos que ha cosechado el cine gallego en el Festival de Málaga, que también reconoció a “Amanece la noche más larga”, de los vigueses Lorena Ares y Carlos Fernández de Vigo, con la Biznaga de Plata al mejor cortometraje. “Nos hace mucha ilusión este premio. Desde el estreno del corto, hace cuatro meses, ya lleva 40 selecciones oficiales, la nominación al Goya y ahora este premio”, afirmó ayer a FARO Carlos Fernández, quien expresó su deseo de establecerse en Galicia. “Seguiremos peleando para que podamos hacer en un futuro animación en Galicia y llevar a casa todo lo que hemos aprendido y ayudar a las siguientes generaciones de artistas gallegos a poder hacer realidad su sueño”, comentó.

La “ópera prima” de Estíbaliz Urresola, “20.000 especies de abejas”, fue la ganadora de la Biznaga de Oro a la mejor película española, mientras que la coproducción de Panamá y Chile “Las hijas”, de Kattia G. Zúñiga, se llevó el galardón al mejor largometraje iberoamericano. La Biznaga de Plata al mejor director fue para el chileno Matías Bize por la coproducción de Chile y Argentina “El castigo”. El premio especial del jurado fue para “Bajo terapia”, de Gerardo Herrero, por el trabajo de sus actores y actrices. La mejor interpretación masculina fue para el actor Alberto Ammann por “Upon entry” (“La llegada”), de los venezolanos Alejandro Rojas y Juan Sebastián Vásquez.

Suscríbete para seguir leyendo