Profesionais do mundo do libro, a docencia, a escrita, familias e, moi especialmente, menos, renderon onte unha homenaxe a Antonio García Teijeiro, un recoñecemento a máis de 30 anos de loita a prol da lectura infantil, 30 anos levando narracións e poemas aos menos "para que non pasen os que pasamos outros, que vivimos a nosa nenez de costas á literatura".

- Afirmou na inauguración do XX Salón do Libro que poesía é revolución

-Si, a poesía é revolución porque é capaz de cambiar comportamentos, porque realmente verse a un mesmo supón superar moitos atrancos e a través da poesía pódese conseguir. A poesía significa loita, descubrirse a un mesmo, pousar os ollos naquelas cousas que moita xente non ve, eu entendo que axuda a coñecerse a un mesmo, a coñecer o que te rodea e penso que non temos nada máis revolucionario que todo isto, que a poesía, non hai nada máis revolucionario.

- O Salón adicase aos menos, o futuro da lectura, da poesía e, logo, da revolución

-Efectivamente, é decisivo que dunha vez por todas tomemos conciencia da importancia da lectura nos rapaces dende pequenos. Non podemos caer nos erros nos que tivemos sempre de pensar, primeiro, que para os menos val calquera cousa, e, segundo, que podemos andar pola vida sin lectura. De ningún xeito, é fundamental que os menos lean, eso axudaos a coñecerse moito mellor e a coñecer os entornos que os rodean, a ser máis felices, máis críticos, tamén máis analíticos. E todo eso é algo que esta sociedade nosa, tan amorfa, precisa, precisa de xente que remova as conciencias e que saiba que a literatura en xeral é unha maneira de transformación.

- Máis dun 30% da poboación non lee. Explica esto moita cousas?

-Totalmente, hai que ser conscientes da importancia de sementar nas novas xeracións a necesidade de ler, a necesidade de informarse e, sobre todo, de ser capaz de informarse selectivamente, vivimos nunha época de moita información pero creo que está moi desordenada e a xente precisa ser ela mesma, buscarse, atoparse e dende ahí ser capaz de peneirar todo aquilo para quedarse co que vale a pena. Se nos quedamos con todo perdémonos e por eso ten un papel fundamental a literatura e a poesía en particular penso que tamén.

- Que tipo de poesía precisan os menos?

-Precisan, e dende o principio, un tipo de poesía en principio lúdica tamén pero que lles regale imaxes, que a beleza forme parte da súa vida, poesía que os faga máis críticos e que saiban comprender máis o que os rodea, que se coñezan a sí mesmos, porque a eso axuda a poesía.

- De que nos val a cultura?

-Valnos para eso, para coñecernos, e para desenvolver unha sensibilidade que é preciso coidar, porque non hai que confundir nunca sensibilidade con debilidade, un pode ser moi sensible é ao mesmo tempo forte para afrontar as cousas, e así debe ser.