- Ser optimista a pesares de todo é ser revolucionario. É vostede optimista?

-De min rinse moito cando digo que son un optimista escéptico. Son optimista porque teño que selo, porque malia todo o que nos está rodeando hai moitas cousas para selo. Para poder seguir loitando hai que ter optimismo, para seguir denunciando, sinalando, hai que ser optimista, para crer no mundo que temos arredor e que hai que transformar temos que ser optimistas, pero tamén recoñezo que son escéptico, xa non me creo moitas cousas e considero que hai demasiados atrancos para que os seres humanos podan desenvolverse como tales? Non me creo moitas cousas pero estou disposto a crer en outras e a escollelas por min mesmo.