- Un pode chegar a un programa de tv e dicir que chegou a rico sin ler nunca, nin ter pensado facelo

-A cultura fainos falta para coñecer o mundo e tamén para ser ricos, ricos nos nosos plantexamentos de vida, para ter unha sensiblidade moito máis cuidada, porque a sensibilidade provoca un humanismo que se pecisa nestes momentos tan materialistas, e saber percibir o que sentimos por dentro, todo eso a min paréceme fundamental na formación das persoas. Hai xente que aínda presume de non ler, sí, pero a min a lectura paréceme fundamental porque nos enriquece como persoas e é unha das cousas que nos diferencia doutros seres en xeral.