Os Maios volverán florecer en Marín cunha exposición e o tradicional concurso do Ateneo

Dende o 26 de abril ata o 5 de maio poderá visitarse unha exposición no Museo Torres das coplas dos barcos e carros da festa dos maios de Marín

Dúas das coplas que forman parte da exposición.   | // FDV

Dúas das coplas que forman parte da exposición. | // FDV / REDACCIÓN

REDACCIÓN

Marín entrará no mes de maio pola porta grande e por iso non pode faltar unha das celebracións máis simbólicas de toda Galicia, as festas dos maios. Este inicio da primavera sempre chega á vila da man da asociación cultural Ateneo Santa Cecilia, que ten por finalidade o mantemento e promoción da cultura galega a través de exposicións, festas, cursos ou danzas.

Así, dende o 26 de abril ata o 5 de maio poderá visitarse unha exposición no Museo Torres das coplas dos barcos e carros da festa dos maios de Marín, cedidas pola presidenta da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Enriqueta Otero Farto, máis coñecida por “Queta Molas”.

O 2 de maio ás 20.00 horas haberá unha charla-coloquio no Museo Manuel Torres onde tratarase a orixe das coplas e da festa dos maios.

Ás 12.30 horas terá lugar unha exhibición dos maios na alameda de Marín, onde se verán os distintos tipos de maios e a súa ornamentación. E finalmente ás 17.00 horas terá lugar o concurso na Praza do Reloxo.