De cando Castelao volveu, xa morto: a mostra fotográfica

Apertura da exposición no Museo.  | // GUSTAVO SANTOS

Apertura da exposición no Museo. | // GUSTAVO SANTOS / Gala Dacosta

Gala Dacosta

Gala Dacosta

O Museo de Pontevedra inaugurou onte a exposición das 52 fotografías de Xan Carballa dun acontecemento que marcou a Galicia do pasado século e da actualidade. A mostra estará aberta ao público ata o 2 de xuño.

Os restos de Daniel Andrés Rodríguez Castelao foron trasladados dende o seu exilio en Buenos Aires ata o Panteón de Galegos Ilustres de Bonaval hai 40 anos e o Museo de Pontevedra rende a este acontecemento a súa particular homenaxe cunha mostra fotográfica tan inusual como aquela cerimonia que de protocolaria tivo pouco. A polémica está servida e Pontevedra é o seu novo escenario.