Pontón defende o reforzo do BNG logo do 18F: “O apoio en Pontevedra é de récord”
A portavoz nacionalista acompañou os parlamentarios electos pola provincia durante a presentación. Reclamará a ampliación do Campiño en 400.000 metros cadrados
A Alameda foi o escenario escollido polo BNG para a presentación dos parlamentarios da provincia de Pontevedra hoxe á mañá. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, compareceu acompañada dos oito deputados electos o 18 de febreiro.
Pontón destacou a importancia simbólica do ascenso do partido ao lado de Luís Bará, Montse Prado, Alexandra Fernández, Paulo Ríos, Carmela González, Cristina Fernández e máis Ariadna Fernández. Amais, estivo o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para acompañar aos parlamentarios durante o desenvolvemento do acto.
“Un de cada tres galegos elixiu o BNG como a súa opción, posicionándonos claramente como alternativa ao PP”, subliñou Pontón.Eses oito candidatos escollidos serán encargados de levar as demandas dos pontevedreses ao Parlamento de Galicia. Deles, algúns estiveron xa no ente autonómico.
Pontón referiuse ao aumento da base de votantes do BNG e destacou a marxe acadada na área de Pontevedra, non só na cidade, onde “houbo un apoio récord en eleccións autonómicas superando o 34%”, senón especialmente en municipios como Soutomaior, onde o Bloque acadou máis do 45% dos votos.
“Teño a firme convicción de que moitas persoas que anteriormente votaban por outras forzas políticas ou non votaban, agora optaron polo BNG”, afirmou Pontón, destacando a importancia deste “respaldo” porque “moitos cidadáns” depositaron a súa confianza no BNG e optaron por reducir o apoio ao PP.
Pontón agradeceu os “resultados históricos” obtidos polo BNG, que permitirán traballar con máis forza para resolver os problemas da cidadanía e ofrecer solucións aos retos pendentes, así como consolidar ao Bloque como unha alternativa e referencia de cambio en Galicia. Esta permitirá “estender unha man a todos os sectores sociais”.
Demandas para Pontevedra
Unha das primeiras accións que proporá no Parlamento o BNG ao comezar a lexislatura será a de proporcionar máis chan empresarial a Pontevedra e comarca. A proposta sairía adiante mediante a ampliación en 400.000 metros cadrados do polígono do Campiño.
“É crucial para o futuro económico de Pontevedra, para atraer novos proxectos e potenciar os xa existentes”, afirmou. A ampliación foi licitada pola Xunta de Galicia durante a campaña, algo que Pontón aproveitou para rebater, xa que “non sería a primeira licitación que queda en papel”. Para finalizar, a líder dos nacionalistas lembrou a necesidade de construír un Parlamento “das maiorías sociais de Pontevedra e da Galiza”.
- Un terremoto con epicentro en Barro se siente en media Galicia
- Asociaciones y estudiosos piden que se impida el derribo del último alfolí
- Inditex cierra su tercera tienda en Pontevedra en los últimos seis años
- La despedida del último alfolí
- Portonovo dispondrá en marzo de su renovado mirador de A Peixeira
- Una nave para salvar el patrimonio gallego
- ‘Muface Sí’ se hace oír: «Perdemos los derechos de toda una vida de trabajo»
- Más de 70 edificios de Pontevedra ocupan zonas inundables y cerca de 540 en Caldas