O campus de Pontevedra, co Día das Letras Galegas

O campus de Pontevedra, co Día das Letras Galegas | G. SANTOS

O campus de Pontevedra, co Día das Letras Galegas | G. SANTOS

Na semana previa ao Día das Letras Galegas, o campus universitario de Pontevedra celebrou onte o seu propio acto conmemorativo, no que participou Xesús Alonso Montero, catedrático de Lingua e Literatura e expresidente da Real Academia Galega. A súa intervención tratou a figura do homenaxeado nesta edición, Francisco Fernández del Riego, e o seu traballo no eido político e literario no exilio interior. Actuacións musicais da Aula Permanente de Música Tradicional e o Coro do Campus de Pontevedra pecharon a xornada en homenaxe a Del Riego.