O PP de Poio pide explicacións sobre a tramitación dos terreos para construír o novo centro de saúde

O PPde Poio solicita a comparecencia en pleno da concelleira de Sanidade, Marga Caldas, para explicar a tramitación dos terreos para construír o novo centro de saúde. O voceiro Ángel Moldes solicita ao goberno local que ofreza “unha información clara dos procesos, tanto urbanísticos, como xurídicos, económicos, a nivel de infraestruturas... para que os veciños teñan unha idea clara do procedemento”. Desvelan que “o concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro, afirmou nunha reunión con colectivos locais que o proceso pode durar uns catro anos”.