Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Culturgal quenta motores

A gran feira das industrias culturais recupera a presencialidade con máis de 150 actividades e unha canle de TV propia

Organizadores e patrocinadores, onte na presentación do Culturgal no Pazo. // Gustavo Santos

Todos os espazos reservados por empresas, organizacións e institucións, un ritmo alto de venda de entradas (varios espectáculos xa colgan o cartel de “non hai billetes”) e máis de 150 actividades programadas. Culturgal, a gran cita da industria cultural galega, quenta motores para o seu regreso á presencialidade, tras unha edición marcada pola pandemia e na que tivo que reformular todas as súas actividades.

De novo o Pazo da Cultura volverá a ser escenario da feira, que principiará o vindeiro día 26 baixo o lema “A cultura que toca”, e tamén acolleu na mañá de onte a presentación do Culturgal de mans dos organizadores e patrocinadores. Víctor López, presidente da Asociación Cuturgal, recoñeceu que o sector está “desexoso” desta recuperación da esencia feiral, un reencontro profesional e de negocio, pero tamén dos axentes, creativos e de todos os públicos da cultura galega.

Incidiu en que esta edición 14 está deseñada “por un conxunto de empresas, profesionais e artistas”, aos que conviduou a reflexionar sobre as oportunidades do sector e fomentar alianzas e redes “igual que Culturgal é unha alianza de 5 asociacións gremiais”, lembrou. en relación Escena Galega, Agapi, Asociación Galega de Eitoras, AGEM e Eganet, as organizacións que organizan conxuntamente a feira.

As pespectivas, recoñeceu, son alentadoras polas reservas de espazos, as propostas de afluencia e programación, “o que indica que a xente tiña moitas ganas” do que será, avanzou, un fin de semana “ateigado de actividades” vinculadas á música, o libro, as artes escénicas, arte contemporánea ou as novas tecnoloxías, algunas das propostas do intenso programa do Culturgal.

O seu director, Xosé Aldea, detivose especialmente nas novidades, a primeira das cales será xa na xornada inaugural. Trátase do cambio na programación a petición das empresas, que convidaron á organización aprogramar actividades na zornada do venres só pola tarde. Trátase de encontros profesionais pero abertos a todo o público e con entrada gratuita e a modificación dos horarios busca facilitar que participen máis técnicos e firmas do sector.

Tras esta primeira xornada na que a feira abrirá de 17 a 21 horas para axentes profesionais e públicos interesados, Culturgal despregará un amplísimo abano de actividades. Outra das novidades será Culturgal TV, unha televisión propia que se presenta coma a continuación natural do streaming desenvolvido na pandemia e que posibilitou que os contidos chegasen a numerosas familias e novos públicos.

Xosé Aldea referiuse en concreto a “públicos alonxados”, tanto de Galicia (nomeadamente das provincias de Lugo e Ourense) e tamén da diáspora. Son os principais destinatarios das emisións que se prolongarán de 12 a 21 horas o sábado e o domingo a través da canle de YouTube do Culturgal e da web de CRTVG.

A feira manterá os seus prezos (3 euros o billete xeral, 3 para menores de 16 anos e os bebés de ata 3 anos entran gratis) e “cada vez conta con máis propostas vinculadas á accesibilidade”, igualdade, inclusión e sostibilidade. Tamén será un reflexo do gran momento do audiovisual galego (presentarse o novo thriller de Alfonso Zarauza ou Rapa, a nova serie de Movistar + ambientada en Galicia) e de novo terá unha forte presenza do sector editorial, con noves coñecidos como Manuel Rivas, Ledicia Costas ou Diego Ameixeiras.

Pola súa banda, a programación infantil volverá ser “un dos corazóns” da feira, en palabras do seu director. Para este futuro da cultura galega de novo volverá a funcionar a Bebeteca (para bebés de 0 a 3 anos) e deseñouse un programa no que de novo colabora o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e nesta ocasión tamén a Misión Biolóxica, que celebrará o seu centenario con obradoiros para toda a familia.

Á exposición Kinético, unha mostra de autómatas, é outra das propostas ás que están especialmente convidados os máis pequenos. Non será, con todo, a única exposición xa que no recinto feiral poderán verse “A Casa de Galicia. Cincuenta anos de apertura da Casa de Rosalía (1971-2021)” e “Cantámola en galego”.

Polo que respecta aos profesionais da cultura, no Espacio Foro debatirán durante a fin de semana dun amplo abano de aspectos relativos á xestión dos proxectos pospandemia, a accesibilidade na cultura, as boas prácticas para a realización de espectáculos ao vivo ou asistir ás presentacións de novas accións institucionais.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, avanzou que ó a Xunta desenvolverá 13 actividades propias de proxectos creativos, presentación de libros ou o Bono Cultural. Tamén debutará o Proxecto Nós de intelixencia artificial para la creación de voz en Galego ou do espazo dixital isaacdiazpardo.gal.

Sutil convidou ao optimismo a un sector duramente golpeado pola pandemia lembrando que os indicadores máis recentes amosan que a cultura galega está recuperando “un nivel de emprego superior ao de 2019”, destacou, reflote que tamén se percibe no consumo

decoration

Sutil convidou ao optimismo a un sector duramente golpeado pola pandemia lembrando que os indicadores máis recentes amosan que a cultura galega está recuperando “un nivel de emprego superior ao de 2019”, destacou, un reflote que tamén se percibe no consumo.

A deputada provincial de Cultura, Victoria Alonso, suliñou a importancia de Culturgal para dinamizar a economía do sector e amosou a súa confianza en que “vai ser una feira segura, da que poderemos disfrutar”, antes de pedir á ciudadanía que acuda

decoration

A deputada provincial de Cultura, Victoria Alonso, suliñou a importancia de Culturgal para dinamizar a economía do sector e amosou a súa confianza en que “vai ser una feira segura, da que poderemos disfrutar”, antes de pedir á ciudadanía que acuda ese fin de semana ao Pazo.

No Culturgal a Deputación participará con un estand no que “daremos cabida a todos os concellos para que presenten o seu tecido cultural”, nunha programación que será “dinámica e con sorpresas”, sinalou, e na que ademáis de presentacións coma a do libro Defensoras de Dereitos ou do Rias Baixas Film Festival, tamén haberá cabida para o programa de igualdade Violencia Zero, xa que a idea é “mobilizar as conciencias dende a cultura”.

A concelleira de Cultura da cidade anfitrioa, Carme Fouces, fixo votos porque “todas as administracións fagan unha aposta decidida” polas produccións e o talento do país, mantendo o espírito co que naceu Culturgal

decoration

Despediu a presentación a concelleira de Cultura da cidade anfitrioa, Carme Fouces, que lembrou que o Culturgal “se pensou e ideou crendo firmemente en este país e cada ano seguimos exhibindo o máis talentoso” da nosa cultura. A edil fixo votos porque “todas as administracións fagan unha aposta decidida” polas produccións e o talento do país.

Indicios da recuperación do sector

O sector cultural recupera os niveles de emprego de 2019. Tamén se reactiva o consumo, segundo o Barómetro da Cultura Galega, que reflicte que en xullo o 82,3% das compañías tiñan activo a todo o seu persoal. Con todo, o 12,7% das empresas enquisadas continuaban cun Erte activo.


Un terzo das empresas, con perdas de máis do 50%

A facturación na primeira metade de 2021 “aínda se ve moi afectada” , segundo o Barómetro, pola crise sanitaria. De feito o 75,7% das empresas consultadas segue ingresando menos que en 2019 e un terzo delas refire perdas de máis do 50% con respecto a os resultados en prepandemia.

Compartir el artículo

stats