Culturgal, seleccionado como un dos tres mellores proxectos de acción e promoción cultural do Estado
O Ministerio de Cultura e Deporte recoñece a Feira así como o proxecto formativo da federación de produtoras de animación e as xornadas de patrimonio industrial, celebradas en Xixón

Unha performance levada a cabo en Culturgal / R.P.
R.P.
A Dirección Xeral de Industrias Culturais, Propiedade Intelectual e Cooperación, dependente do Ministerio de Cultura e dirixida por Adriana Moscoso, recoñecerá mañá, xoves 11 de novembro, os tres proxectos seleccionados como os gañadores o pasado ano na liña de axuda á Acción e Promoción Cultural. Entre eles atópase Culturgal, a feira que desenvolverá a súa décimo cuarta edición do 26 ao 28 de novembro de 2021 no Pazo da Cultura de Pontevedra. A capacitación no mundo da animación -investigación levada a cabo pola Federación Española de Asociaciones de Productoras de Animación-, e as Xornadas Internacionais de Patrimonio Industrial, celebradas en Gixón, comparten con Culturgal a escolla ministerial. O auditorio do Espacio Fundación Telefónica de Madrid acolle mañá unha xornada de presentación dos proxectos na que participarán, en representación de Culturgal, o seu presidente, Víctor López.
Tamén se presentan o mesmo día os tres proxectos seleccionados na liña de “Modernización e innovación das Industrias Culturais e Creativas": Music Live Stream, Exquare: Centro Expositivo Experimental M3, e Summer Camp. O acto estará conducido por Helena Díez Fuentes e nel intervirán a directora xeral da Fundación Telefónica, Carmen Morenés, e a directora xeral de Industrias Culturais, Propiedade Intelectual e Cooperación, Adriana Moscoso. De Culturgal, destacan desde o Ministerio de Cultura que “non é unha feira ao uso. A actividade profesional compleméntase cunha extensa programación cultural e o recinto de postos de venda e exposición convértese nun escaparate privilexiado no que a sociedade galega pode coñecer directamente as últimas novidades editoriais, musicais, escénicas,audiovisuais, deseño e arte contemporánea, etc”. O galardón recoñece o traballo realizado en 2020 para adaptar a programación de Culturgal á situación de crise sanitaria.
A xornada de mañá pode seguirse vía streaming na web espacio.fundaciontelefonica.com co hashtag #MejoresProyectosICC2020. Culturgal celébrase en 2021 co lema “A cultura que toca” e está organizada pola asociación do mesmo nome da que forman parte Escena Galega, Agapi, Asociación Galega de Editoras, AGEM e Eganet. Conta co apoio da Xunta de Galicia a través de Agadic, do Concello de Pontevedra, da Deputación de Pontevedra, do Ministerio de Cultura e Deporte e da Deputación da Coruña. A organización ven de anunciar o peche da venda de espazo feiral tras esgotarse os stands dispoñibles e comezará a difundir a programación 2021 a partir desta mesma semana.
- Denuncian a la protectora Os palleiros de Pontevedra por la desaparición y acogida posterior de una perra en Poio
- El Casino de Pontevedra mantiene la tradición: 22 chicas, «presentadas en sociedad»
- «El público gallego nos quiere mucho de toda la vida. Tenemos muchas buenas experiencias ahí en la «terra» y estamos deseando volver»
- «Montando guardia» ante el escenario de D.Valentino en Pontevedra: «Yo llevo aquí desde las nueve»
- Investigados cinco adolescentes de Soutomaior por un incendio forestal en las islas Alvedosas en Vilaboa
- Prohibido llenar piscinas, regar jardines y lavar coches en Pontevedra ante la alerta por escasez de agua en el Lérez
- Detenido en Pontevedra tras amenazar a su mujer con un robot aspirador
- Del tabú a la farmacia natural: el cannabis medicinal conquista Pontevedra