Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un Culturgal desconfinado

A ponte do Burgo foi escenario está mañá da presentación de Culturgal 2021/ Santos Álvarez

Recuperar a presenza física aínda que lonxe da programación de masas dos últimos anos. Cultural volve neste 2021 desconfinado e farao do 26 ao 28 de novembro con novas propostas como unha televisión dixital de fin de semana ou a reserva do primeiro día para encontros profesionais.

Tamén estreará contidos que deseñarán nos vindeiros meses empresas, creadores de contidos e institucións. Éstas xa poden presentar as súas propostas dende o día de hoxe, no que tamén se abriu o prazo para solicitantes dos 114 estands desta edición que leva por lema “A cultura que toca”.

Xosé Aldea, director da feira, explicou que o Culturgal explorará distintas tendencias como eventos híbridos. Volve ao formato presencial tras a edición do pasado ano, no que forzosamente tivo que reconvertirse ao dixital, pero din deixar de lado este horizonte que lle permite chegar “ao público máis lonxano das provincias de Ourense e Lugo e á comunidad emigrante”.

O Ministerio de Cultura, que ano a ano recoñece a Culturgal como o mellor evento do sector en Galicia, acaba de situalo entre os tres proxectos máis destacados do Estado

decoration

Deseñaranse “espazos flexibles”, contedores novos que permitan adaptarse a distintos espectáculos e disciplinas. Tamén traballará con grupos reducidos (a organización recoñece que “as masas tardarán en volver”) e cos protocolos de seguridade e hixiente vixentes nese último fin de semana de novembro.

Outra das liñas estratéxicas serán os contidos relacionados coa pandemia e tamén os efectos da crise social ligada á mesma, así como unha visibilización de que a cultura é segura e a aposta polo cuidado do medio ambiente.

Estreará contidos que deseñarán empresas, creadores de contidos e institucións. Éstas xa poden presentar as súas propostas dende o día de hoxe, no que tamén se abriu o prazo para solicitantes dos 114 estands desta edición, co lema “A cultura que toca"

decoration

A ponte do Burgo foi escenario na mañá deste martes da presentación da 14 edición de Culturgal, un evento ao aire libre que buscaba visibilizar o que será o gran motor desta edición: a recuperación dunha “ampla presenza física”, volver a ser “o punto de encontro e recuperación do contacto entre as persoas como seres sociais”, en palabras de Victor López presidente de Culturgal. Ademáis del e de Xosé Aldea, interviron no acto Victoria Alonso, deputada provincial de Cultura, Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e Carme Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra.

A presentación foi tamén unha oportunidade para celebrar que o Ministerio de Cultura, que ano a ano recoñece ao Culturgal como o mellor evento do sector en Galicia, acaba de situalo entre os tres proxectos máis destacados do Estado.

Deseñaranse “espazos flexibles”, contedores novos que permitan adaptarse a distintos espectáculos e disciplinas. Tamén traballará con grupos reducidos, xa que a organización recoñece que “as masas tardarán en volver”

decoration

Os participantes expresaron a súa alegría por volver a plantexar un Culturgal físico. “Non haberá tanta interación”, recoñeceu a deputada provincial de Cultura, que incidiu en que a cultura “xera emprego e dinamismo económico” e a eira “é necesaria para apoiar a un dos sectores máis danados pola COVID”.

Jacobo Sutil, pola súa banda, incidiu en que este proxecto é “unha colaboración público-privada perfecta, coas 5 asociacións do sector e todas as institucións”. O Culturgal volverá a ser un escaparate das propostas para o vindeiro ano, co Xacobeo como principal horizonte. “Tuvo que mudar”, lembrou o director de Agadic, “pero é un elemento clave para a reactivación da industria”.

A ponte do Burgo foi escenario na mañá deste martes da presentación da 14 edición de Culturgal, un evento ao aire libre que buscaba visibilizar o que será o gran motor desta edición: a recuperación dunha “ampla presenza física”

decoration

A concelleira de Cultura explicou que en Pontevedra “somos sin dúbida moi eficaces no desenvolvemento cultural”, tamén nun escenario de pandemia, de xeito que Culturgal redúxose ao mínimo o pasado ano pero “foi capaz de sacar adiante unha edición sin presencialidade, non se suspendeu… Pontevedra estivo á altura”.

Reivindicou que “a xente ten que poder vivir” da cultura dun xeito digno, antes de lembrar que “entregamos espacio físico, traballo e alma ao Culturgal”.

Compartir el artículo

stats