Tanxugueiras estarán ao vivo na Culturgal 2021. O 28 de novembro ás 18.00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, a música das tres pandereteiras protagonizará a xornada de clausura de Culturgal 2021. As entradas sairán á venda o luns 18 de outubro a través da plataforma Enterticket.es. O concerto é unha proposta da empresa PlayPlan para a programación de Culturgal 2021, que se celebra do 26 ao 28 de novembro en Pontevedra.