Un total de vintecatro obras aspiran a facerse co I Premio Literario Pinto e Maragota, organizado pola Concellería de Igualdade de Pontevedra en colaboración coa editorial Edicións Xerais para visibilizar, reivindicar e digni?car a diversidade sexual e de xénero.

A responsable do departamento municipal, Paloma Castro, avanza que a peza literaria gañadora do galardón darase a coñecer "nunha data arredor do 28 de xuño, coincidindo coa celebración do Día do Orgullo LGTBI".

Aínda que a Concellería abrira unha vía telemática para a presentación dos traballos, de xeito que se puidesen entregar dun xeito seguro, e o prazo de entrega xa se pechou o pasado 23 de abril, agardouse unha semana máis pola chegada dos orixinais que se tivesen enviado ao Centro de Información á Muller (CIM) mediante correo ordinario. Pechada a fase de inscrición, o resultado é, como sinala Paloma Castro, "máis que satisfactorio para unha primeira edición dun premio literario como este, cunha temática tan concreta".