A escritora Fina Casalderrey foi a que máis incidiu na faceta docente de Fraguas. Ollando á vella escola de Famelga referiuse a que "aquí descobre novos saberes e maneiras de os transmitir". O homenaxeado explorou o rural, "fuxíu das teorías e centrou os esforzos no traballo de campo, na urxencia da recollida dun patrimonio inmaterial que se esvaía". A entrega como profesor que destacou a académica non evitou que fose apartado do ensino público no 1936. "As humillacións non foron quen de facelo desistir", sinalou a académica, quen lembrou que este home modesto nunca presumíu de nada, salvo dos seus alumnos.