Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Marín mergúllase no mes do libro

Prepara ademais o Día das Letras Galegas co XX Premio de Poesía Concello de Marín

Uns nenos disfrutan da lectura durante a pasada edición do Día do Libro no colexio Carballal. // S.A.

O Concello de Marín, a través da Concellería de Educación pon en marcha un ano máis, coincidindo co Día do Libro e o Día das Letras Galegas unha actividade gratuita para os centros de ensinanza, adicada á Promoción da Lectura. "Tras a experiencia positiva dos anos anteriores, este ano decídese realizar actividades para promover a lectura a través do cotabadense Antón Fraguas (Letras Galegas 2019), sobre todo para alumnos de Infantil e ata 4 de Primaria", explica a concelleira Marián Sanmartín. A actividade de Infantil será unha representación teatral e para Primaria cada centro terá obradoiros.

Ao mesmo tempo, o Concello de Marín publicou as bases para participar no "XX Concurso Premio de Poesía Concello de Marín". Os traballos en lingua galega, compre que sexan orixinais e inéditos, e terán unha extensión mínima de cen versos, non sendo requisito imprescindible que formen parte dun só poema; podendo presentarse como comprensivo de varios do que, a totalidade, terá a devandita extensión.

Concederase un premio único de mil euros. A contía do premio farase efectiva previa redución do correspondente IRPF en vigor. O prazo de presentación dos traballos rematará ás 14.00 horas do 26 de abril de 2019.

Os orixinais presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Marín, en 4 exemplares mecanografados (tamaño Din A4) escritos por unha soa cara. Terán que remitirse sen nome do autor ou autora, acompañados dunha plica, na que se indique na súa parte exterior un lema, que figurará tamén na primeira folla.

No interior da plica consignarase o nome do autor, o seu enderezo postal, o correo electrónico e o teléfono; así mesmo, incluirase declaración responsable do autor ou asinante do traballo de non estar incurso en ningunha das circunstancias de prohibición da obtención de condición de beneficiario de subvencións previstas na lei de Subvencións de Galicia, e de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

A remisión farase á Concellaría de Cultura do Concello de Marín, indicando no sobre "para o XX Concurso Premio de Poesía Concello de Marín".

O xurado fará público o resultado a través dos medios de comunicación no día no que se falle o premio: o vindeiro 14 de maio.

Día das Letras

O autor comprométese a acudir a esta cidade para recoller o seu premio que se entregará nos actos a celebrar no Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2019, e a ler o traballo no acto de entrega do premio ao gañador.

A concesión do premio non implicará a perda dos dereitos de autor do traballo premiado. Non obstante, o Concello de Marín resérvase o dereito de publicar total ou parcialmente o traballo premiado.

Os traballos presentados poderanse retirar, nun prazo dun mes do fallo do premio, polos seus autores, previa acreditación da súa pertenza, non responsabilizándose da perda fortuita dalgún orixinal, tralo prazo sinalado.

A participación neste concurso implica a aceptación destas bases, e polo demais, o que non sexa previsto, estará baixo o criterio dos membros do xurado, según expoñen as bases. Se os traballos presentados non reuniran a suficiente calidade, a proposta do xurado, poderá declararse deserto o premio.

Compartir el artículo

stats