Síguenos en redes sociales:

Ponte Caldelas apúntase aos concertos dos "Cantos de Taberna"

Os locais partícipes do Caldelas Tapas contarán coas actuacións musicais

Os Cantos de Taberna, unha tradición xenuinamente galega, serán protagonistas en Ponte Caldelas durante as noites deste venres, día 3, e volverán o próximo venres, día 10. O Concello premia así aos locais de hostalería que participaron no último concurso gastronómico Caldelas Tapas.

As sesións comezarán ás 21 horas e prolongaranse ata ben despois da media noite. Estarán protagonizadas polos grupos locais Os Coribantes de Buchabade, Os Xeitosos da Insua, Airiños da Fracha e os Contentos, xunto cos pontevedreses Son de Ondas.

Fieis á tradición dos Cantos de Taberna interpretarán pezas populares con pouca instrumentación e poñendo todo o acento na interpretación vocal, coa que tentarán de involucrar ao público.

Dinamización

O goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) fai así un novo esforzo de cara á dinamización sociocultural do municipio, no que a hostalería é unha peza moi importante, como demostran as numerosas actividades que se organizan conxuntamente con este sector.

Os Cantos de Taberna son un exemplo perfecto da mellor tradición musical caldelá pois adoitan mesturar música galega con ritmos e pezas chegados da emigración, especialmente de Suramérica.

Pulsa para ver más contenido para ti