"En galego Pásao" foi o lema da edición 2009 de Correlingua, unha carreira pola lingua que onte convocou nas rúas de Pontevedra ó redor de 3.000 escolares da comarca. A participación histórica nesta novena edición da proba (case 6.000 alumnos da provincia inscribironse nesta cita) motivou que a organización decidira facer duas marchas: unha na cidade do Lérez e outra na vila da Estrada.

En Pontevedra inscribironse centos de escolares que foron recibidos coa actuación de malabares, xigantes e músicos, amén dun dragón bota auga que fixo as delicias dos maís pequenos.

Os alumnos de quinto curso do CEIP A Xunqueira 1 que resultaron finalistas no concurso de banda deseñada do concurso Correlingua foron os encargados de ler o manifesto desta edición da carreira en defensa da lingua galega, que incluiu un reparto de mazás entre os corredores (que percorreron diferentes itinerarios en función das súas idades) e auga. O grupo Migallas Teatro, pola súa banda, amenizou unha actividade na que tamén se repartiron lotes de libros entre os centros docentes.