Sarabela Teatro quenta motores para o estreo da súa nova obra “Made in Galiza”

A compañía fixo onte a súa presentación no Teatro Principal, onde tamén representará a peza os días 21, 22 y 23 de setembro: “Temos moitas ganas de ver o feed back dos espectadores”

Membros do grupo de teatro Sarabela na presentación da súa obra “Made in Galiza”. |   // FERNANDO. CASANOVA

Membros do grupo de teatro Sarabela na presentación da súa obra “Made in Galiza”. | // FERNANDO. CASANOVA / aixa r. carballo

O Teatro Principal de Ourense acolleu onte a presentación dunha das obras máis salientables que inclúe a súa programación semestral. Tratase do último espectáculo de Sarabela Teatro, titulado “Made in Galiza” e dirixido por Fina Calleja. Unha obra coa que queren poñer en valor a lingua galega e facer reflexionar aos espectadores sobre a grave perda do idioma. A peza representarase tamén no Teatro Principal os días 21, 22 e 23 de setembro.

Na presentación de “Made in Galiza”, ademáis do elenco de actores e actrices, participou o vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, quen destacou que “a lingua é un tesouro que debemos coidar e preservar entre todos, e hai que usala, vivila e disfrutala. Por iso, obras como esta axudan a remover conciencias”. Tamén estivo presente a directora do Teatro Principal, Olga Mojón, quen avanzou que con esta estrea dase comezo á nova tempada do Teatro Principal.

Pola súa parte, Fina Calleja, destacou que “a obra invita a reflexionar a través do humor e a retranca coa que versionamos os relatos do libro ‘Made in Galiza’ de Sechu Sende”. Unha obra que tamén vai enfocado a un público adulto, pero con especial atención na xente nova, pois é a que fala cada vez menos galego. Ademáis, Fina recordou que a perda do idioma é un problema real e “dende Sarabela sempre temos o desexo de estar conectados coa realidade en cada obra porque é a única maneira de que o teatro perviva”.

A directora, tamén aproveitou a presentación para recoñecer que todo o elenco está desexando que chegue o día do estreo: “Temos moitas ganas de ver cal é o feed back dos espectadores porque hai un esforzo detrás moi grande”. Durante o acto representaron unha das esceas, que tivo unha gran acollida por parte dos medios que estaban presentes e o persoal do Teatro Principal. Algo que emocionou a Sarabela Teatro. “A verdade é que a reacción foi moi bonita, e iso fainos soñar cunha longa vida para Made in Galiza”.

O país coa lingua máis difícil

Por último, Fina, fixo algúns pequenos adiantos para que a xente se anime a ver a obra. “O fío conductor son uns investigadores de procedencia descoñecida que chegan a Galicia para investigar o país coa lingua más difícil do mundo e analizar as causas. A partir de ahí, sucédense unha serie de esceas nas que se van contando casos particulares”. A directora fixo especial fincapé no “dunha nena que escoita dicir a unha señora que os nenos están perdendo a lingua e colle tanto medo que durme coa lingua atada”. Tamén recordou o caso dun taxista de Madrid que fala de como o inglés invade o castelan. “Esta escea invita a reflexionar sobre por que si un idioma invade ao castelán é preocupante, pero se invade ao galego non”, conclue. En definitiva, cada unha das esceas busca concienciar ao espectador do importante que é protexer a nosa lingua, un símbolo de identidade.

Suscríbete para seguir leyendo