E ti... de quen vés sendo?

Un estudo de Juan Carlos Arias recupera os “motes” ou alcumes de máis de 500 familias de Sobrado e contorna, un patrimonio herdado ás veces dende varias xeracións

En cada casa de aldea na que aínda queda un lume acendido hai unha caste de homes e mulleres que teñen un alcume ou “mote” propio. Unha sorte de liñaxe familiar, indispensábel no rural, para poder dar resposta o clásico “E ti... de quen vés sendo?”. Non é por furgar nas raleas, senón para saber da casa, e colocar así a esa persoa no seu lugar exacto no mundo. Juan Carlos Arias, presidente da Asociación Cultural Porta da Cadea, adicou moito tempo a pescuda de ese patrimonio colectivo en Sobrado do Bispo e pobos da súa contorna, chamando porta a porta, ou devalando o tempo na taberna, ata recoller máis de cincocentos alcumes, anacos da historia cotiá das súas xentes, para que queden prendidos na memoria.

“Pobre do que careza de mote ou alcume, porque será insignificante e anónimo”, asegura Juan Carlos Arias, no prólogo do seu traballo “E ti de quen eres?”, editado pola Asociación Cultural Porta da Cadea, de Sobrado do Bispo, Barbadás, que él preside e no que recolle os apodos das xentes dos seus pobos e doutros de Toén.

Juan Carlos Rivas, autor da primeira escolma que ahora ampliou cunha próxima edición.  | // IÑAKI OSORIO

Juan Carlos Rivas, autor da primeira escolma que ahora ampliou cunha próxima edición. | // IÑAKI OSORIO / M.j.áLVAREZ

Juan Carlos, policía de profesión, sentese un máis de Sobrado por adopción, pois aí casou, e moviliza dende a asociación moreas de actividades de posta en valor do importante legado material e inmaterial do pobo. Todo empezou, lembra, cando nas conversas cos veciños, “escoitaba como se referían entre eles con apodos, que as veces coñecía o destinatario e outras, pode que so se digan as costas, porque a esa familia non lle gusta”.

É por eso que, na pescuda curiosa de Juan Carlos, houbo algún ropezo e “mentras alguns veciños querían axudar e lembraban que ese alcume viña doutras xeracións, outros non querían saber do tema. Total, que decidimos recoller os apodos, sin entrar nos motivos de por qué esa familia ou persoa levaba dende facía anos determinado alcume”, explica o autor.

Recoñece que foi para él fonte de inspiración a obra “Mil e pico de apodos ourensáns”, que recolleu tamén con prudencia, para non ferir nin entrar en liortas, o escritor Xosé Ramon Fernández Oxea, fai medio século.

Fai dous anos, saía a primeira parte do traballo publicado por Porta da Cadea, e no 2023, ven a nova edición, xa con máis de 500 apodos de persoas ou familias da zona. “Imos a arriscar un pouco máis, a ver si conseguimos poñer unha definición de cada mote, que non sexa a prudente que da o dicionario” sinala.

“Xa o decía Ben Cho sey, que hai xente que leva o apodo como brasón, e non repara en poñerllo o seu negocio ou mesmo nas necrolóxicas da familia, pero tamén hai unha minoría, que o ve como ultraxe”

“Xa o decía Ben Cho sey, que hai xente que leva o apodo como brasón, e non repara en poñerllo o seu negocio ou mesmo nas necrolóxicas da familia, pero tamén hai unha minoría, que o ve como ultraxe” lembra Juan Carlos rememorando o escritor.

Preservar o patrimono inmaterial de Sobrado, é o principal obxetivo dun traballo no que reviven nomes e, dalgún xeito, persoas, como “o xilgueiro”; “zorriño”; “o touciñeiro”; “o chuliño”; “A Petra”, un dos poucos apodos femeninos, o igual que “a morocha” , esta aínda viva e veciña de Sobrado do Bispo.

Non falta na longa lista a saga do “galbana”, pode que un pouco nugallán; “o maño”, apodo de procedencia, igual que o chofer dun antigo Gobernador Civil de Ourense, que é xa “o chofer” . Da forte historia dun pobo cunha fonda tradición musical, que tivo ata conservatorio propio, quedan apodos como “Ruque”, director da Banda de Música de Sobrado, na súa primeira etapa. A tradición continúa, pois na escolma de “E ti de que eres?” aparece xa “o Red Bull”, un mote apto so para “millennials”.

“Peito de cepa”, “O cadabullo”, “O barricas”... xente que teceu a historia

David Sabucedo, da Asociación Amigos do Patrimonio de Toén, é de Moreiras. Aínda que ningún o coñece como tal, sabe que é bisneto do “tendeiro”, un dos apodos relacionados con oficios, traballos ou negocios dalgún devanceiro. Benigno, no sabe o motivo pero “eu so sei que son dos “nachos”, non temos nin idea da orixe; aínda que xa ven alomenos dos nosos bisavós”. Un mote que non amola. “Aquí non lle importa a ninguén; pódes decirlle o mote na cara” explica. Nun santoral tan repetido en Galicia de “marías”, “xosés” ou “manolos” , poñer alcume facilitaba a identificación das personas nos contos ou conversas. De aí naceron apodos como “cadabullo”, un terreo pequeno sin valor; o “muxicas” ou o “navarro”; pero tamén “o parrulo”, supostamente so porque é un bo rapaz” , precisan.

Non faltan ramas como peito de cepa”, home non moi alto e encorvado ou “o “barricas”, cuia suposta afición é mellor non aclarar. Un dos veciños da familia dos “lázaros”, é ademáis o marido dunha coñecida exministra ourensá, Elena Espinosa. Non se poñen de acordo si agora e baixo chave, tamén se refiren a este recoñecido artista como “o ministro”. Ben cantarín tiña que ser o “xilguero”, pero quen o sabe xa?. En Sobrado, onde Benigno reconta os veciños por chemineas acesas, algo que provén, segundo David Sabucedo, da antiga Lei de Montes, hai máis de 200 casas abertas. A vida é un sopro no vento de xente que ven e que vai. Pero polo menos, agora en Sobrado, saben de quen son.

Suscríbete para seguir leyendo