ao pé do farelo

Aquelas escolas unitarias e os seus mestres

Ángel Utrera

Agora que estase achegando un novo curso académico recordo que lin hai tempo, non sei ben onde, unha anécdota, mais chiste que outra cousa que define ben aqueles tempos grises do noso Pais en branco e negro que moitos de nos non coñeceron e outros teñen esquecido.

No mesmo podemos ver como foron concedidos logo do remate da guerra civil os títulos de “Mestre Nacional”, evidentemente a persoas afines ao réxime, o mesmo que pasara cos estancos, as admón. De lotarías, as pensións e tantas outras concesións e prebendas. Eran Falanxistas, Alféreces provisionales, cregos e de ordenes relixiosas etc.:

Nun daqueles exames patrióticos para obter o titulo de mestre nacional:O presidente do tribunal pregunta ao opositante.

-¿Quen descubriu América?- Francisco Franco. (Resposta do examinado)

-¿Quen escribiu o Quixote? -Francisco Franco.

-¿Quen pintou as Meninas? -Francisco Franco.

Entón o presidente do tribunal levanta a vista dos seus papeis e fica serio ollando cara o candidato e dille: seño me temo que non contestou correctamente ningunha das preguntas. O candidato por suposto camisa vella, responde axiña ao examinador; E danme a min que vostede é un pouco roxiño non lle parece.

Parabéns, responde o presidente do Tribunal, xa é vostede mestre nacional. Pase por secretaria para elixir destino.

Bromas aparte, a verdade é que aqueles mestres fixeron o longo do tempo, posible o imposible, educar, aprender e sementar o xerme da curiosidade e as gañas de saber e mellorar en moitos rapaces que doutro xeito xamais terían a oportunidade de saír do analfabetismo, a ignorancia e a pobreza, en tantas aldeas e lugares afastados de todo, e ignorados por todos, o longo do noso país.

Mestres que ademais de ocuparse do espírito daqueles rapaces, tiveron que se ocupar dos seus corpos e almas, ao tempo que facían limpeza, arranxaban desperfectos, buscaban o material e os medios precisos loitando contra inútiles da burocracias, absurdos e pretensiosos inspectores que nadaban coma peixes na auga entre os formularios e as instancias que case que sempre remataban no cubo do lixo, e sobre todo trataban de convencer os pais da necesidade de deixar os fillos acudir a escola a pesaren do moito traballo que sempre había que facer nas terras e nas casas humildes dos labregos, polo seu ben, na procura dun futuro mellor, implicándose persoalmente para conseguirlles becas e axudas os mais pobres.

Os novos tempos, os criterios de aforro e rendabilidade e o afán de mellorar o ensino remataron con aquelas escolas unitarias nas que os mestres facían milagres cada día, en favor dos CEIP, e macro centros localizados nas vilas e núcleos de poboación mais numerosa, pero temos unha débeda de gratitude impagable con todos aqueles mestres, dos que aínda moitos de nos gardamos grato recordo nun curruncho dos nosos corazóns.