Opinión | segunda feira

Sempre Marrocos

Na miña nenez corrían as estorias sobre a guerra de África na que participaran as quintas dos nosos pais. Os nomes do patriota bérbere e republicano Abd el-Krim mesturábanse aos de Franco, Sanxurxo (apelido restaurado aquí) e Primo de Rivera. Un continxente militar daqueles mouros que trouxeron os franquistas a España para entrar no Madrid do Frente Popular, estiveron acuartelados no convento e cadea de Celanova. Nós mirabamos para eles con medo.

En Castromau había outra clase de mourindade. Eran mouros subterráneos e invisibeis que custodiaban tesouros que Álvaro Cunqueiro habería de sacar a luz da literatura moitos anos despois. Mesmo, tales mouros fantásticos foran capaces de erguer o castelo de Vilanova dos Infantes nunha noite, e de pór nel unha Trabe de Ouro e outra de Alquitrén. Franco, sobre 1957, licenciou a súa “Guardia Mora” e a sustituiu por uns cabaleiros de azulina que evocaban a opereta.

Desde os días da súa independencia, naqueles anos 50, aos de hoxe, en Marrocos rexe con man de ferro unha monarquía muslime absoluta

Desde os días da súa independencia, naqueles anos 50, aos de hoxe, en Marrocos rexe con man de ferro unha monarquía muslime absoluta. Isos si, moi dependente dos EE UU e contraria ao panarabismo laico de Nasser e o Baas. Os sultáns marroquinos (Mohamed V, Hassan II, Mohamed VI) sempre intentaron enganar a fame do pobo con conflitos territoriais.

Primeiro, en Sidi Ifni. Logo, o despotismo de Rabat anulou unha resolución das Nacións Unidas que lle abría paso a un Sáhara Occidental independente, republicano e socialista. Consumada tal enormidade, boa parte do pobo saharaui foi confinada en campos protexidos só polo FLNA que agora quere botar abaixo a CIA. E sempre, sempre, sempre, o despotismo islámico marroquino presionou para incorporar Ceuta e Melilla. Descoñezo cal será a sorte que o mundo futuro lle depare ás prazas de Melilla e de Ceuta. Para min, o peor destino das súas poboacións (árabes magrebíes, bérberes, xudeo-sefardíes, españolas de orixe peninsular) sería o de pasaren a formar parte do reino de Marrocos. En canto executa unha retirada táctica en Ceuta, o poder de Rabat maquina a súa próxima provocación. E a esperanza republicana semella arredarse máis e máis do NW de África.

Suscríbete para seguir leyendo