JORGE ÁLVAREZ | VIGO

Hai xa máis de vintecinco anos que o universo Dragon Ball de Akira Toriyama entrou nos fogares galego a través das emisións continuadas da TVG do anime que marcaría a unha xeración de nenos galegos. Unha paixón que dúas décadas despois, aínda se pode revivir na televisión coas aventuras de Goku; Krilin; Bulma ou o Mestre Muntenroi, que percorrían medio mundo na producra das Bolas do Dragón.

Seguidores declarados do universo Dragon Ball, dous rapaces galegos, Rubén Vilaboa e Mario Veiga, acaban de inciar unha aventura no eido do crowdfundingcrowdfunding coa que esperan que as personaxes de Toriyama volvan a falar galego, aínda que sexa nunha das múltiple películas da saga: Dragón Ball: A batalla dos Deuses. Para conseguir os seus dexesos, contactaron coa productora Selecta Visión. propietaria dos dereitos de emisión en España das películas e das serie.

Ata o de agora, levan recadados preto do 30% dos máis de oito mil euros que necesitan para conseguir que Goku volva falar a lingua de Rosalía de Castro ou Castelao. "Selecta Visión apoia este crowdfunding e puxo tódolos medios", aseguran na páxina aberta para recaudar fondos. Para atraer inversores, ofrecen paquetes que van dende os tres euros ata unha donación máxima de 350, cantida que lle da dereito ao inversor a participar directamente na doblaxe da serie e aparecer nos créditos da edición do DVD.

O outro gran atractivo, segundo contan, e contar coa colaboración de Julio Lorenzo, voz de SonGoku na serie orixinal estrenada nos noventa e un dos actores máis populares da dobraxe galega. A falta dun mes e medio para que remate o periodo de donacións, Rubén e Mario son optimistas e non descarte, se conseguen os fondos para o seu proxecto "tentalo coa Resurección de Freezer".

Unha base de fans moi unida

Non é a primeira vez que os seguidores de Dragon Ball se unen para que Goku e os seus amigos falen galego de novo. Hai un ano, coa estrea de Dragon Ball Super,Dragon Ball Super crearon un grupo en Facebook para reclamar á TVG que emitise en galego e respetando a dobraxe orixinal o regreso, dezaoito anos despois, da nova obra de Toriyama.

"Moitos de nós desexariamos que os nosos fillos puideran ver a serie desde o principio", reinvidicaba hai un ano para este xornal o creador do grupo de Facebook, Ben Díaz, un deseñador que vive en México. "SonGoku é moi galego; representa a cultura do esforzo constante, un optimismo permanente ante as dificultades, é emigrante, come ata fartar€ Ademáis, é un antiheroe, moi ao contrario das personaxes de Disney", describe.

Dragon Ball é un manga escrito e ilustrado por Akira Toriyama e que se publicou entre 1984 e 1995 en Xapón. A súa historia conta as aventuras de SonGoku, un guerreiro siayajin, que ten como fin protexer a Terra de seres que queren conquistala e exterminar a humanidade. O nome da serie vén dunhas bolas máxicas que cando se xuntan invocna a un dragón que concede desexos. Estas son útiles tanto para o heroe principal da historia como para os seus enemigos que devezan por elas para emplealas con fines malignos.