Proxección do filme ‘Rizi’ (Tsai Ming-Liang, 2020, Taiwán, 127 min., VO*), organizada polo Cineclube Pontevedra.

Sesión en colaboración coa Filmoteca de Galicia.

Lingua orixinal: chinés.

* Intencionalmente non subtitulado, por desexo expreso do director.

Kang vive só nunha casa grande. A través de das súas grandes ventás, mira cara ás árbores golpeadas polo vento ea chuvia. Sente unha dor estraña de orixe descoñecida que apenas pode soportar e que afecta o seu corpo enteiro. Cando coñece a Non, que vive nun pequeño apartamento en Bangkok onde prepara pratos tradicionais da súa vila natal, ambos os dous comparten a súa soidade.

Berlinale 2020 (Sección Oficial, Mención Especial do Premio Teddy), Festival de Chicago (Premio Silver Q-Hugo), Festival de Tessalonica 2020 (Premio Mermaid).

O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades. Asóciate!