As actividades do Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, que este ano dirixe Camilo Franco, terán lugar en Pontevedra pero tamén por primeira vez sairán fóra da cidade do Lérez. O lugar elixido é a sede da Deputación de Pontevedra na cidade olívica (rúa Eduardo Chao), os días 23 e 24 de novembro a partir das 18 horas e o acceso será de balde.

O xoves abrirá ás seis da tarde cun evento centrado na memoria histórica. Estarán a escritora Iria Morgade e a historiadora Alba Garrido. A primeira vén de publicar “Quen escribirá a miña historia?” (Galaxia), que parte dunha mensaxe escrita nas paredes dun campo de concentración. A segunda investiga en “De Galicia a Mauthausen” (Galaxia), as orixes, contextos, traxectorias vitais e experiencias daqueles galegos nos campos de exterminio do III Reich.

Iolanda Zúñiga e o pianista Velpister farán unha lectura-concertos. Catuxa Salom será a encargada de fechar a xornada do xoves.

O venres, haberá faladoiro de varios Premios Xerais; recital de María Lado e conversa con Leilía que actuarán o 2 de decembro en Pontevedra.