O Día das Letras Galegas I As celebracións na comarca

Cangas premia a Santoro, Khris Cembe e "Che" Mariño

O Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela acolle a Festa da Cultura das Letras Galegas e a entrega dos galardóns Ignacio Cerviño á Recuperación do Patrimonio e Xohan de Cangas á Labor Creativa e ó Labor Cultural

A viúva de Santoro, Margot Hernández; Khris Cembe e "Che" Mariño

A viúva de Santoro, Margot Hernández; Khris Cembe e "Che" Mariño / Gonzalo Núñez

Cristina González/Gonzalo Martínez

O Concello de Cangas celebra hoxe no Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela (20.00 horas) a Festa da Cultura, con motivo do Día das Letras Galegas, cunha gala na que se entregarán os premios anuais, consistentes nunha réplica do "Facho" de Donón, como o faro que ilumina e que recoñocen o traballo cultural neste municipio. O Premio Ignacio Cerviño á Recuperación do Patrimonio entrégase, a título postumo, ó fotógrafo José María Pérez Santoro, que durante décadas foi referencia fotográfica desde o seu local no Eirado do Señal. Fue quien de testemuñar gráficamente a vida de boa parte da cidadanía da vila, as súa paisaxe, as súas costumes, as actividades cotías e acontecementos que se foron sucedendo ao largo da más de medio século. Un grupo de persoas formado polo fillo do falecido fotógrafo; Xosé Gago, José Luis Lorenzo (Colón), Borja Brun, Jesús Bermúdez (Caramuxo), Julio Santos e Camilo Camaño xa habían iniciado fai unhas semanas o camiño para rendir homenaxe póstumo a Santoro, falecido en 2020. E agora ven da man deste Premio na Festa da Cultura, na que tamén se rinde homenaxe a unha histórica muller no mundo do teatro de Cangas, da Mostra e da Asociación Cultural Xiria, como é María Xosé Mariño “Che”. A presidenta de Xiria e vinculada á Mostra case desde os seus comenzos, recibirá o Premio Xohan de Cangas ó Labor Cultural, como tamén recibirá o Xohan de Cangas á Creación á Artística o director de animación Cristian Cembellín Cordeiro –Khris Cembe–, cuxo traballo en equipo xunto ó director coruñés Alberto Vázquez, no largometraxe “Unicorn Wars” valeulles este ano o Goya –cuarto na súa carreira– como Mellor Película de Animación. Cembe traballa agora na súa primeira película de animación.

A Festa da Cultura é unha gala de entrega de premios, pero tamén de actuacións musicais. A primeira delas será de Sara Giménez (voz), xunto a Iago Vidal (piano) e Humberto Carballo (clarinete), músicos e director da Banda de Música Belas Artes de Cangas. Interpretarán “María Soliña” de Celso Emilio Ferreiro.

O actor local Fran Paredes será o encargado de presentar a Festa da Cultura, que dará comenzo ás 20:00 horas e culminará pasadas as 21:00 horas. Nela lembrarase á figura do homenaxeado pola Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego. Proxectarase unha imaxe do escritor.

Na gala tamén actuarán a Escola de Danzas Maite Quiñones e Xosé Ramón Rocha que interpretará ao violonchelo unha peza do compositor cangués Anxo Gago. A Banda Belas Artes terá un gran portagonismo como tamén o Coro San Xosé con sendas actuacións e o peche coa interpretación do himno galego.

A viúva de José María Santoro con retratos do seu marido.

A viúva de José María Santoro con retratos do seu marido. / GONZALO NUÑEZ

"Era persoa vocacional e incansable, con apaixoada dedicación ao seu oficio"

Margot Hernández Peleteiro

— Viúva de José María Santoro, Premio á Recuperación do Patrimonio

Tiña só 15 anos cando coñeceu a José María Pérez Santoro nun guateque dun centro de reunións en Vigo. El fíxolle unhas fotos, quedaron para entregarllas, compartiron merenda na Ramallosa e, de regreso a Vigo na Vespa do fotógrafo, tiveron un accidente no que ela rompeu unha perna, o que deu pé a que el seguira visitándoa e intimar. Desde aquela, entendéronse,, casaron e pasaron xuntos máis de medio século, “as 24 horas”, ata que Santoro faleceu o 31 de marzo de 2020. Margot recollerá esta tarde o premio Ignacio Cerviño que recoñece no labor de Santoro boa parte da memoria gráfica da vila.

–Como acolle a iniciativa de concederlle ao seu marido este premio ? Cre que debería ter chegado antes?

A familia acollémolo con sorpresa, moi contentos e totalmente agradecidos por este recoñecemento e por que se lle lembre con tanto cariño. El xa recibiu premios en vida polo seu traballo e apaixoada dedicación ao oficio. Síntome tamén moi querida como víúva súa e moi emocionada cando me falan de José María e o lembran con agarimo. Non puido ter a toda a familia e amigos cerca o día do seu enterro, como nos gustaría, pola pandemia de Covid e só estivemos os fillos e eu. Tres anos despois só podemos dicir gracias, gracias, gracias.

–A proposta de premio vén respaldada por un amplo grupo de persoas e de argumentos en tantos anos de traxectoria profesional. Que méritos lle destacaría vostede?

Seguramente o afán emprendedor. Sempre estaba pendente das vangardas, comprando o último para estar ao día na súa profesión. Tamén que era unha persoa incansable, con dedicación plena ao seu traballo, do que nunca se fartaba. O seu era realmente vocacional e non se plantexaba adicarse a outra cousa.

–Pero para poder adicarse ao que realmente lle gustaba tivo que pasar antes por outros traballos...

Si. El fixo Belas Artes porque gustáballe moito a pintura. Marchou a Madrid e a París moi novo, e desde alí contáballe ao seu pai que lle ía, ainda que realmente chegaba a pasar fame. Sempre tratou de buscarse a vida, de ser independiente, e chegou a pintar na rúa por un plato de comida. Cando fixemos as “vodas de ouro”, os fillos convidáronnos a unha viaxe a París, e alí revisitou rúas e lugares que formaran parte da súa xuventude.

–Regresou a Cangas e desenvolveu aquí parte da súa vida profesional ata convertir o seu obradoiro en referencia fotográfica de varias xeracións, e a el nun “clásico” xa en vida.

A súa avoa deixoulle un bonito local aquí, no Eirado do Señal para establecerse. ainda que viaxaba puntualmente por motivos de traballo. Empezou facendo fotos de rúa os días de Ramos, cumpreanos... “A BBC”, como el dicía, para referirse a bodas, bautizos y comuniones. Moitos anos con cámaras e técnicas analóxicas, e co tempo tamén con tecnoloxía dixital.

–Con tantas décadas de profesión terá acumulado un enorme legado. Que destino queren darlle? Teñen pensado, algún proxecto de posta en valor?

José María tiña moitas virtudes, pero tamén algún defecto. Ainda que nos últimos anos xa clasificaba dixitalmente, traballou moitos anos cos carretes clásicos dos que só se revelaban algunhas fotos, as necesarias por traballo, e as outras quedaban no local sen clasificar. Hai auténticos tesouros en fotografías e eu intento organizalas pouco a pouco, poñelas en valor, pero é un traballo que non se fai dun día para outro, levará tempo. O obxectivo é que non se perda e aínda non temos claro que facer.

–Pensa que o seu marido foi suficientemente recoñecido en vida? Merecería adicarlle un certame de fotografía en Cangas co seu nome?

Sería interesante ligar o seu nome cun premio de fotografía, pero non podemos pedir máis. El sentíase recoñecido por compañeiros de profesión e por moita xente que falaba del con respecto e admiración, como gran profesional sen deixar de ser humilde.

María Xosé Mariño “Che”, na súa casa de Cangas coa súa perra “Berta”.   | // G.N.

Khris Cembe, onte no lugar da Garita, na praia de Rodeira, con Cangas ó fondo. / Gonzalo Núñez

"As películas de animación son tan adultas, tráxicas ou cómicas como o cine de actores"

Khris Cembe

— Director de animación e Premio Xohan de Cangas á Labor Creativa

É o home dos “Goya” en Cangas. Na súa traxectoria como director de animación, Khris Cembe xa ten catro das estatuiñas dos premios do cine español, a última delas, tras “Birdboy”, "Decorado” e “Psiconautas” co seu equipo formado co director coruñés, Alberto Vázquez, como Mellor Película de Animación ó largometraxe “Unicorn Wars”. Hoxe recolle un novo premio, o Xohan de Cangas á Creación Artística en Cangas, no seu pobo, se non de nacimiento, ao que sí se sinte máis unido. A súa nai é de Cangas e o seu pai de Salamanca. Él naceu en Madrid pero xa foi bautizado en Cangas e con 10 anos viñeron a vivir aquí, onde estudou hasta que aos 22 anos marcha a traballar a Barcelona, pero sempre cun pe nesta terra.O premio supón para él “forzas e motivación extra” para seguir os proxectos neste sector da animación no que e difícil atopar produtores: “As producións dilátanse moito no tempo”.

–Como comenzou na animación?

Estaba nun ciclo que non me gustaba e empecé a estudar animación na casa, aprendí a lenguaxe e expresividade da animación, copiando dos grandes animadores dos debuxos animados. Eu sempre quise facer cine. Con 13-14 anos gravaba cortos afeccionados en Cangas coa axuda dos meus amigos.En Galicia non había onde estudar cine, só Santiago pero pedían unha nota de máis de 8. Quería facer cine si ou si e empecei coa animación, debuxaba ben. Non había as facilidades de agora, empecei cunha tableta gráfica que empezaron a venderse no 1999.

–E como foi o salto a Barcelona?

Fixen un video que viu Niko, o creador de “Cálico Electrónico”, a primeira webserie en Internet, con moito éxito. Chamoume para que traballara na súa empresa en Barcelona. Él era dos mellores e nuns días estaba alí. Incorporeime á webserie, fixemos unha película. Estiven 4-5 anos e decidín montar o meu estudio con compañeiros en Barcelona. O meu primeiro corto foi “Birdboy” e despois seguín como freelance. Quería facer cine, cortos e películas. Dende entón tiven a sorte de non parar.

–Como empezóu a súa relación co director Alberto Vázquez?

A través dun guionista vasco que quiso facer a súa película “Psiconautas”. Gracias ó éxito de “Birdboy” (Premio Goya 2012) en festivais internacionais, se poido conseguir a financiación para o largometraxe no 2014. Xa facía o meu primeiro cortometraxe propio como director e guionista “Viaje a pies”. Levoume tres anos facelo. Solapáronse. Traballaba de nove da mañá a seis da tarde na película e de sete e meida da tarde a dúas da mañá no corto. Ese ano notéi que déramos un paso máis. O corto foi estrenado no prestixioso festival de animación de Annecy.

–En que proxectos está agora?

Na miña primeira película “Matanza”, rematando o guión para buscar a financiación, o que máis tempo leva. Necesítanse 3,5 millóns.

–De que trata?

Está ambientada nun pobo da Meseta.É un drama rural de corte moderno, nun pobo aislado e castigado pola miseria, tanto económica como humana, retratada en forma de realismo trash e realismo máxico.

–É pelicula de animación?

Si. Gústame dicir que está feita con animación porque no cine de animación segue pesando a etiqueta de infantil. Todos os meus traballos, como os de Alberto non son para público infantil. Utilizamos a ferramenta da animación para expresarnos, pero facemos cine. As nosas películas son tan adultas, dramáticas o cómicas como o cine de imaxe real con actores.

"Che" Mariño coa súa gata "Berta" en brazos na súa casa de Cangas.

"Che" Mariño coa súa gata "Berta" en brazos na súa casa de Cangas. / Gonzalo Núñez

"A cultura é fundamental para un pobo, todas as revolucións viñeron pola cultura"

María José Mariño "Che"

— Presidenta da Asociación Cultural Xiria e Premio Xohan de Cangas ó Labor Cultural

Desde moi pequena soubo gañarle a batalla as dificultades cando con catro anos, unha enfermidade deixoulle unha discapacidade progresiva nas pernas. Desde moi pequena tamén vive namorada da cultura e da necesidade dela na vida, da que sempre lles falaba e inculcaba na casa a todos os irmáns o seu pai, un home que aprendeu a escribir de forma autodidacta. Foi interna a estudar o Bachiller a Albacete e despois fixo Empresariais. Voltou a Cangas e empezó a traballar na Asociación de Disminuidos do Morrazo (ADM). O seu traballo a prol do colectivo fixo que lle concederan o Premio Labor Social no 2007, pero segue sendo crítica e reivindicativa coa pouca eliminación de barreiras arquitectónicas en Cangas. Hoxe, con 58 anos recén cumpridos e toda unha vida adicada a Asociación Cultural Xiria, da que é presidenta; á Mostra de Teatro Cómica e Festiva de Cangas e a Revista Galega de Teatro Erregueté RGT, Che Mariño recibe o Premio ó Labor Cultural sobre o escenario dun auditorio polo que loitou xunto ó falecido exalcalde Xosé Manuel Pazos que na súa honra leva o seu nome. Lembra con cariño a súa primeira actividade na Mostra, como taquillera, na súa sexta edición -este ano cumpre 40.

–Que atopou na cultura?

Non iba buscando nada. O meu pai non sabía escribir, pero era autodidacta e sempre nos repetía ós cinco irmáns que hai que ter cultura.A cultura nos interesa e é fundamental para un pobo para poder pensar, valorar, decidir. Todas as revolucións viñeron pola cultura.

–Estamos nun momento no que é necesaria unha revolución?

Sí, pero contra que? Non hai moitas expectativas. Dereitos si se perden a pasos axigantados coa crise.

–Como está a cultura en Cangas?

É moi relativo. Cangas ten moitas asociacións culturais, é punteira en Galicia. Pero cando hai crise, a primeira que a paga é a cultura. As primeiras axudas que quitan son á cultura.O Concello sí debería apoiar máis a cultura e deberíamos ser máis batalladores.

–E a Mostra de Teatro camiña ben?

Camiña ben, cun par de hándicaps pola falta de axudas. Levamos anos cunha partida do Concello de 15.000 euros. Hai actividades que duran un día e levan 20.000. Non quero que as outras as perdan, pero as queremos para nós. O Concello de Redondela pon 50.000 euros para o Festival de Títeres. A Mostra de Teatro ten a puntuación máxima en Santiago, pero estamos limitados porque é unha proporción do que se implique o Concello.15.000 euros é o que nos costa un grupo de teatro.

–Que lle gustaría traer para a Mostra?

Moitas cousas...”T de Teatro”, de Cataluña; Teatro del Barrio, de Madrid, cun espectáculo grande e non o formato pequeno que só podemos; tamén outro de rúa de luces e fogos, pero teñen uns presupostos de 20.000 euros para arriba.

–Musicais?

–Non veñen por un día. Virían por 15.É una macromaquinaria.

–Que lle aportou Che Mariño á Mostra?

O tozuda que son. Pero o traballo se fai entre todos, a Mostra non se pode personalizar.

–A mellor edición que lembra?

Quizáis a octava, polas compañías,os italianos Colombaioni, os cubanos Cutumba...este ano ven xente de moito renombre, a grande actriz Candela Peña, Bob Pop...

–Que necesita Cangas?

Unha sala multiusos máis pequena, non tan grande como o auditorio, para presentacións de libros, un pequeno paraninfo...

–A casa de cultura está esquecida?

Para teatro non vale. O auditorio que ten non se pode poñer a oscuras e ten moito eco. E imposible. Poderíase facer un anfiteatro ó aire libre.

–Que significa este premio para ustede?

Felicidade. É o premio máis importante que me pode dar Cangas.

Suscríbete para seguir leyendo