O BNG respalda as demandas das Anpas para mellorar as infraestruturas educativas de Cangas

Revisará a Aula Matinal, as escolas deportivas e os convenios e activará o Consello Escolar Municipal

Araceli Gestido.   | // G.N.

Araceli Gestido. | // G.N. / G.M.P.

G.M.P.

A candidata do BNG á alcaldía de Cangas, Araceli Gestido, reuniuse con integrantes da Federación de ANPAs para coñecer as súas suxerencias, peticións e puntos de vista sobre o estado dos colexios e o sistema educativo. A súa principal preocupación, din, “é o deficiente mantemento das infraestruturas educativas”, trasladando numerosas eivas nos colexios, que incluen goteiras, indundacións e obras sen rematar. A necesidade de aumentar o orzamento municipal adicado ao mantemento “é evidente”, así como a de realizar inspeccións técnicas que aclaren “a situación real”.

A xestión da Aula Matinal tamén se analizou, e o BNG “concorda co obxectivo de que este programa pase a ser de xestión municipal, unificando os criterios de adxudicación e o control”. As ANPAs amosaron “a súa preocupación e enoxo pola inoperancia” do Consello Escolar Municipal. “Resulta inaudito que non se convoque, pois é o lugar adecuado para por en común estes problemas e buscarlle solucións”. Asemade, o BNG “levará adiante unha revisión e control dos convenios de uso dos pavillóns”, habilitará unha brigada de mantemento que rote entre os colexios, e expandirá as Escolas deportivas”, entre outras iniciativas, anuncian.

Suscríbete para seguir leyendo