A librería Wells (rúa do Arco, Cangas), acollerá este sábado ás oito da tarde a presentación de "O derradeiro día dun condenado/ Claude Gueux", un libro de Víctor Hugo traducido do francés ao galego polo profesor Henrique Harguindey Banet. No acto estarán presentes, ademais do tradutor, o editor Afonso Ribas (Laiovento) e o dramaturgo e alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos.

A obra revive as últimas horas dun condenado a morte e supón un alegato contra a pena capital, que nega a rehabilitación.