Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Reflexións de Xosé Luis Pereiro Francés

O pediatra e colombófilo Xosé Luis Pereiro Francés foi presidente da Asociación Xiria. // C.Giménez

Xosé Luis Pereiro Francés- quen tamén foi Presidente da Asociación Cívico Cultural Xiria- ao que lle solicitei que avivase as cinzas da súa memoria para achegar recordos, impresións, espectáculos ou anécdotas dos primeiros anos da Mostra de Teatro Cómico e Festivo, escribe:

"?.Aínda que o meu protagonismo respecto á Mostra foi moi tanxencial, tentarei amosar o pouso que deixou en min.

Viñemos vivir a Cangas a finais de 1982 e nas nosas primeiras Festas do Cristo xa vimos ao Teatro de Ningures representando unha comedia de Aristófanes no Eirado do Costal, "A Paz", titulábase. Ao ano seguinte, no entroido, Xosé Manuel Pazos, o actual alcalde, delgadiño e con perilla, subido a un banco da Alameda vella, cun megáfono na man e cun corro de xente ao redor, facía un espectáculo ao máis puro estilo do "LivingTheatre"e, declamando unha especie de romance de cego, enumeraba unha morea de desfeitas no concello, das que lembro, concretamente,as múltiples fochancas que había pola carreteira nova. Preto de alí, a dous pasos,un Paco Marcos de longa melena desfrutaba e facía desfrutar ao entroido cangués cunha actuación parateatral para escacharse da risa. Non é de estrañar que para min, inmigrante sen memoria de outras Cangas posibles, o Teatro resultase unha sinal identitaria do pobo, ao mesmo nivel que o acento da súa fala, o carácter reivindicativo da súa xente, o edificio do Mercado de Abastos, a fábrica de Massó ou a Casa da Cultura ao carón da praia de Rodeira.

Non me lembro se foi inmediatamente antes ou despois da primeira edición da Mostra, que Xoán Chillón invitoume a colaborar con XIRIA, a Asociación Cívico-Cultural que presidía, daquela, Henrique Harguindey. A miña primeira xuntanza foi na biblioteca do Colexio Público de Darbo e, ademais de Chillón e Harguindey -a risco de deixar xente no tinteiro-, estaban Xaime Henríquez, Maruxa Barrio, Alfonso Marcos, Silda García, Xosé Manuel Pazos, Puri Castro, Xosé Ramón Bernárdez, penso que tamén Antón Nores e Antón Lamapereira e, quizais tamén estivesen Xosé Manuel González -Oli- e Xoaquín Agulla... (o tempo fai estragos nos arquivos da miña memoria).Logo, virían -ou xa estaban?-, Andrés, Maite, Xabier, Aurora, Fernando Cuñarro...xente, toda ela, que fabricaba o futuro soñando o presente, e construía o presente soñando o futuro, todos comprometidos con Galicia e coa súa Cultura.

A organización da Mostra de Teatro converteríase no proxecto estrela de XIRIA e o peso específico da xente de Ningures foi fundamental para aquela singradura que empezaba.Tamén remou o público, a Mostra non sería nada se a acollida do público non fose a que foi -e segue sendo-, enchendo a diario o teatro, ano tras ano, un público esixente e entendido, sempre disposto a espremer a vís cómica e festiva dos espectáculos, buscándolle as cóchegas ata os austeros espectáculos do ascético Etelvino para poder botarse unhas risas.

Entre os espectáculos salientaría os das primeiras mostras, precisamente porque con eles fomos medrando como público, enfeitizados pola maxia do Teatro. Lembro, por exemplo, a Arca Teatre, que subiu a Puri ao escenario para que fixera de improvisada actriz a dicir "pachencha-pachencha" tras cada un dos gags; ou outra obra na que tamén se fixera unha extracción dun voluntario-forzoso de entre o público porque o guión requería un personaxe para un atraco, e o elixido fora... un banqueiro da vila! A iso se lle chama ser Oráculo e non precisamente de Delfos! Tamén salientaría o espectáculo de rúa de Teatro Studio, de Bilbao, con "Los pololos de la amama", desde o balcón dunha casa de Euxenio Sequeiros?"

Compartir el artículo

stats