O CEIP Pluriligüe Paraixal atópase nunha contorna envidiable na cidade de Vigo, rodeado de vexetación autóctona e cunhas envidiables vistas á Ría de Vigo.

Co catálogo de Mestres completo tanto a nivel de titores como de especialistas, ofrecemos unha ensinanza de calidade totalmente individualizada ao contar con aulas non moi numerosas.

Dende os 3 anos o alumnado está en contacto real coa Lingua Galega, Castelá e Inglesa (para esta última contamos cun Auxiliar de Conversa dun país anglosaxón)

Na Escola buscamos o achegamento Familia-Escola e a boa colaboración entre ambas, para o cal temos Proxectos abertos á Comunidade Educativa.

Ofertamos Servizo de Plan Madruga, Comedor, Transporte e Actividades Extraescolares. Así mesmo, tamén organizamos Xornadas de Formación para o profesorado.

Con todo isto o noso maior obxectivo é conseguir un desenvolvemento integral do alumnado, traballando as diferentes competencias, habilidades e valores, tanto sociais como individuais.

  • DirecciónParaixal Nº 17, 36216 Teis (San Salvador) Vigo
  • Teléfono: 886 12 02 33