Síguenos en redes sociales:

faro da escola

Mil esculturas solidarias: a arte de Judith Scott na loita pola igualdade

Arte e sensibilización no CEIP Valle Inclán

Mil esculturas solidarias: a arte de Judith Scott na loita pola igualdadeCedida

O alumnado do CEIP Valle Inclán rematou o seu reto anual, promovido polo Clube de Convivencia e adicado á artista Judith Scott, que xa anunciaran no Faro da Escola do pasado xaneiro.

Nel, os nenos e nenas tiñan como obxectivo realizar 1000 esculturas co estilo de Scott para vendelas nun mercadillo solidario, e así doar os cartos a unha escola de arte, nun homenaxe á educación e a súa capacidade para convertir a calquer neno ou nena nunha persoa extraordinaria. 

E non só conseguiron esculpir as mil obras antes da súa data límite (o 21 de marzo, día mundial do Síndrome de Down) senón que superaron as 1200. 

Durante o transcurso do reto, os alumnos recibiron a visita de Down Vigo, achegáronse ata a Fundación Igual Arte e recibiron a axuda dos membros de ASPANAEX e o Secretariado Xitano de Vigo, que participaron enviando as súas propias esculturas.

Este últimos destacan que a actividade “serviunos para traballar a nosa imaxinación e expresar a nosa creatividade dunha maneira sinxela e divertida que non deixou a ninguén atrás”

Durante este reto solidario tamén disfrutaron dunha actuación músical, da man de ‘Iguatuke’, un grupo da Fundación Igual Arte que levou as batukadas ao colexio, e durante as xornadas de sensibilización, Down Vigo falou co alumnado acerca do Síndrome de Down e a importancia da inclusión.

Porque ante todo, Judith Scott foi unha artista, máis aló das súas condicións. “Os alumnos déronse conta de que era unha creadora extraordinaria, que levou a cabo un traballo difícil, que non pode facer calquera”, comentan os mestres que participaron na iniciativa.

E agora, toca vender as súas obras de arte. 

Estas estarán expostas no "museo” do centro, todos os martes de abril, de seis a sete da tarde. Pero tamén reciben citas fora de horario a través do correo electrónico ceip.valle.inclan.vigo@edu.xunta.gal.

Pulsa para ver más contenido para ti