Onte, luns 30, celebramos o Día da Paz, unha data sinalada na que moitos colexios organizan actividades temáticas.

Ese é o caso do CEIP Valle Inclán, que aproveitou o día para presentar, dende o seu Club de Convivencia, o reto anual do curso 2022/2023.

“Os únicos que sabían a temática completa eran os representantes do Club, un neno e unha nena de cada clase” explica Paula Rey, a profesora coordinadora do FARO DA ESCOLA deste centro vigués. 

E é que a elección do reto é algo que se prepara con moita antelación e coidado, coma as mellores reportaxes nos xornais. “No día da infancia, o 20 de novembro, decidimos que este ano queríamos traballar con persoas extraordinarias.”

Para introducir o tema, o alumnado traballou o conto de O cazo de Lorenzo: “Fixemos unha dobraxe en vídeo, onde o s representantes usaron as súas voces para narrar o conto e presentarllo a todo o cole.” 

Así anunciaron o tema, persoas extraordinarias, traballando tamén sobre o tema musical de Maldita Nerea, ‘Extraordinarios’, que trata sobre persoas con discapacidade.

Unha vez decidida a temática, quedaba presentar oficialmente o reto.

“Nós sempre collemos unha historia motivadora vivida por unha persoa real, alguen que fixera algo que merece valor e recoñecemento”.

Este ano traballarán a partires da figura da artista norteamericana Judith Scott. Cedida

Os retos escolares do Club de Convicencia

En anteriores anos, este grupo de estudantes adicou o seu traballo anual a diferentes persoas de impacto internacional. Por exemplo, Sadako Sadaki e a súa historia das grúas de papel, reto a través do cal enviaron mil grúas ao país nipón.

Outro ano adicárono a Wangari Mathaai, doando esta vez mil árbores donamos mil árboles á mancomunidade de montes, e o ano pasado homenaxearon a David Attenborough, colaborando cunha serie de protectoras de animais. 

“Este ano imos traballar a partires da figura de Judith Scott, unha artista norteamericana con síndrome de down que faleceu fai pouco. Trátase dunha escultora alternativa, e referente na arte marxinal.” 

Este foi o segredo que presentaron onte no acto do Día da Paz. 

Explicaron a súa vida e obra e, por fin, o reto deste ano: “Os nenos e nenas decidiron facer 1000 esculturas co estilo de Scott para vendelas nun mercadillo solidario, e así doar os cartos a unha escola de arte”.

Con isto homenaxean ás escolas, en particular á que axudou á propia Judit, orfa e con discapacidade, ata convertila na artista que celebramos hoxe en día. 

“O reto é conseguir esculpir as mil obras antes do 21 de marzo, o día mundial do Síndrome de Down. Así que necesitamos moita axuda! Materiais, axuda das familias.... Os estudantes traballarán na casa, no patio... onde poodan!” 

E ese día tamén doarán parte dos cartos conseguidos á Fundación Igualarte, coa intención de crear un sistema de becas para persoas con diversidade funcional.“Tamén buscamos colaborar con asociacións como Down Vigo”.

Estamos desexando ler a historia de Judit Scott no seu FARO DA ESCOLA, aínda que ata entón podemos consultala no blog do Club de Convivencia do CEIP Valle Inclán (convivenciavalleinclan.blogspot.com).

Como engadido, o centro sempre bautiza unha parte das súas instalacións co nome do protagonista do reto. Xa contan coa fraga de Wangari Mathai e o estanque e casa de bechos de David Attembourugh.

Onde atoparemos a Judit Scott? Agardamos descubrilo!