Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Magosto no Colexio Vigo

Grupos de alumnos disfrutan do xogo das castañas

Por fin chegou o Magosto ao Colexio Vigo! Para celebrar a popular festa das castañas, alumnos e docentes baixaron ao patio. Os escolares encheron os seus portacastañas, elaborados por eles mesmos, para degustar este froito típico do outono, a vez que xogaban, brincaban e bailaban coa música folklórica que un grupo de alumnos de Ciclos prepararon para os compañeiros. Este ano lembramos os xogos tradicionais. Os maiores puideron disfrutar da carreira de sacos, xogo da comba e zancos; os pequenos participaron no circuito da castaña, onde tiñan que bordear uns conos cunha castaña enriba da cabeza, salto da serpe, brincando dun lado a outro sen tocar a corda ou ao tira-tira, onde por equipos tiraban da corda para ver quen arrastaba ao contrario ao seu lugar. En difinitiva, pasamos unha maña diferente e agradable co son da música, xogos e como non? comendo castañas asadas.

Compartir el artículo

stats