Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Samaín diverterrorífico no Colegio Vigo

Imaxe do festival do Samaín no Vigo.

O Colegio Vigo celebrou unha "diverterrorífica" festa do Samaín, onde non faltaron vampiros, meigas, zombis, demos...e por suposto cabazas. Organizouse unha exposición de divertidas e orixinais cabazas que os nenos e as nenas confeccionaron coas súas familias e ambientaron as aulas. No salón de actos, tivo lugar unha homenaxe a esta festa peculiar dos nosos ancestros. Un grupo de alumnos de 4º e 3º de primaria, fixeron unha exposición sobre as orixes da festa e os alimentos tradicionais destas datas. Houbo distintas actuacións, con cancións e bailes a cargo dos alumnos de Infantil e 1º e 2º de primaria, lectura e interpretación de contos terrroríficos creados por alumnos de 5º e 6º, conxuros de trasnos e meigas e por último, os alumnos de 6º fixeron un baile zombi e posterior exposición dixital en inglés sobre a festa de Halloween.

Compartir el artículo

stats