Síguenos en redes sociales:

Fomentando valores

Datos Covid: máis de 700 positivos e 25 aulas pechadas

Hai dúas semanas había 421 positivos no sistema educativo galego, case a metade. Pese ao aumento a incidencia segue a considerarse baixa, tendo en conta que temos 400.000 alumnos en total

Datos Covid: máis de 700 positivos e 25 aulas pechadas

A comunidade galega superou estes días os 6.000 casos activos de Covid-19. En só 24 horas houbo 600 novos contaxios, por poñer un exemplo da dimensión do que está a acontecer no conxunto da poboación galega.

En canto ao sistema educativo, superáronse os 700 positivos en total nos centros educativos da comunidade. E hai 25 aulas pechadas. O número de positivos é case o dobre que hai dúas semanas, cando se contabilizaban 421. Houbo un aumento considerable de positivos tamén no sistema educativo, aínda que a incidencia segue a considerarse baixa. Hai que ter en conta que hai aproximadamente 400.000 alumnos e alumnas no sistema.

Como asegurou recentemente o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, non se chega ao 0,1% de persoas afectadas nas aulas.

Ademais, moitos dos positivos estánvinculados a casos nas familias. Está tamén relacionado con que as idades máis baixas parecen das menos afectadas polos contaxios Covid-19, polo menos de momento no percorrido da pandemia ao longo deste ano.

 Tanto no ámbito autonómico coma no nacional, os expertos consideran que o sistema educativo non é o problema, de feito é dos sectores nos que menos positivos se rexistran. 

Nos centros educativos, como apuntan os propios docentes, as medidas están a ser cumpridas de xeito exhaustivo para poder levar o curso académico do mellor xeito posible. A presencialidade é o reto do conxunto do sistema, aínda que o sector pondera outras opcións por se a situación cambiase.

Pulsa para ver más contenido para ti