Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Liboreiro Blues é un libro de sentimentos e de emocións"

Salvador Rodríguez - escritor e xornalista

Salvador Rodríguez. FOTO: ELI REGUEIRA

-García Márquez dicía que a vida non é o que vivimos, senón de que xeito o recordamos. Como lembra a súa infancia?

-A miña infancia foi a dun rapaz calquera dunha vila mariñeira das Rías Baixas, nado na década dos 60. Lémbro as descargas de peixe no porto, os días de escola, os xogos, o meu pai, a miña nai, a miña tía Milagros, os meus irmáns?Son moitas cousas, claro. Liboreiro Blues non xurdiu como un libro sobre minLiboreiro Blues , senón que, nun principio, se trataba dunha escolma de artigos que falan da xente que eu coñecín, sobre amigos, sobre veciños, sobre os meus mestres, sobre a miña xente, vaia?O que pasa, é que recoñezo que, ao cabo, saíume unha cousa semellante a unhas "memorias". E xa non só da infancia, senón tamén da adolescencia, da mocidade, daqueles marabillosos vinte anos?

-Hai quen afirma que é posible crecer cara á orixe ou, quizais, madurar cara á infancia. Que opina diso?

-É unha frase moi enxeñosa. Eu só desexo madurar o imprescindible e, dende logo, non quero que esmoreza o neno que todos levamos dentro; ese neno ao que, de cando en vez, hai que deixalo que se asome e se libere, para que xogue, para que ría, ou para que chore, porque a fin de contas a vida é un xogo no que, como quixen reflectir no artigo dedicado ao tute subastado, agás excepcións, o normal é que perdamos a partida, pero non porque xoguemos mal? senón porque temos mala sorte.

-Comeza Liboreiro Blues

-Se non recordo mal, a última vez que subín ao Liboreiro foi hai seis ou sete anos. Sen dúbida, é hora xa de volver facelo, para non perder a perspectiva nin as facultades físicas; o que pasa é que ao Liboreiro da miña infancia rachárono para poder construír un tramo do Corredor do Morrazo. É un Liboreiro ferido. Pero segue habendo outros Liboreiros por ascender e eu particularmente gosto de subir ás pirullas e contemplar as fermosas vistas coas que Galicia nos agasalla.

-Neste mundo que vivimos, sería posible a existencia dunha cuadrilla como a da Banda do Río e as súas batallas contra "os do Cristo" ? Naquel mundo infantil, despois das loitas, á media hora reinaba a camaradería?

-Témome que non. A sociedade cambiou moito, tecnificouse demasiado. Na miña infancia, o Día de Reis os rapaces saían á rúa a xogar cos seu agasallos, a compartir incluso eses agasallos cos seus amigos. Agora, cos iphones, smartphones e demais caralladas, quedan na casa e xogan sós, cos seus país ou con amigos aos que non lles miran a cara. Unha mágoa.

-Esa combinación de relatos en galego e castelán, saíulle así ou como xeito de convivencia das dúas linguas?

-Eu falo e escribo tanto en galego como en castelán. Xa que na editorial me deron licenza para escribir nos dous idiomas, aproveiteino. Tamén é unha cuestión de ouvido. Hai textos referidos a xentes ou a situacións das que, se escribise dun xeito distinto a como as pensei, lembrei ou se me ocorreron, soaríanme artificiais. De todas formas, son consciente de que o galego está en condicións de inferioridade ao respecto do castelán.

-No seu libro hai saudade, humor e figuras suxerentes. Non é difícil imaxinar a algún dos seus personaxes neses lugares nos que Vde. os sitúa, vivindo alleos a glorias e vaidades mundanas. Eses seres (cargados de humanidade e librescos) escasean cada vez máis?

-Todas esas son persoas irrepetibles, mais, por enriba de todo, moi queridas para min. Supoño que todo mundo ten ou coñece a eses seus seres queridos, especiais, singulares?.O que pasa, efectivamente, é que a sociedadade semella que nos obriga cada vez a ser máis iguais, a non saírmos da normalidade, a ser bultos sen sospeita, pero aínda así sempre xorde alguén que toca nunha nota distinta á do resto.

-Cal era o método do profesor Constantino para inculcar nos alumnos o amor pola lectura?

-O de provocar en nós a curiosidade por ler, sen necesidade de obrigarnos a facelo nin contándonos marabillas deste ou daquel libro. Quería que esas marabillas que a Literatura nos ofrece, as descubrésenos por nós mesmos.

-Que entende agora que non tería entendido de rapaz?

-Que, como dicía Albert Einstein, todo é relativo.

-Sorpréndelle algo da xuventude de hoxe?

-Sorpréndeme que non saiban de qué lles falo cando falo de xogar ás bolas, ao peón, ao "ghalope", ou de "pintar a ghodaia". Pero, sobre todo, resúltame moi alarmante, cáseque tráxico, que non teñan interese ningún polo tute subastado ou o futbolín e, pola contra, se sintan satisfeitos cos videoxogos. Non saben o que perden!

-En que xénero situaría Liboreiro Blues

-Se, en vez dun libro, fose un can, eu diría que é un palleiro, que son os cans máis agarimosos e agradecidos que existen. En realidade, como cáseque todos os meus libros anteriores, coido que Liboreiro Blues se move na fronteira entre o xornalismo e a literaturaLiboreiro Blues.

-Haberá unha segunda parte?

-Hai xente que me está animando a escribir un Liboreiro Blues 2 e cáseque estou convencido de ir por el. O que non sei é cando será. Este é un libro de sentimentos, de emocións, e esas cousas son incontrolables de seu.

Compartir el artículo

stats