ies ribeira do louro » premio especial artístico
Dende a escola e os libros “a lectura é o Camiño”
» O IES Ribeira do Louro firma este galardón especial coa súa serie artística
C. M.
Unha decena de fermosos debuxos presentaron dende a clase de 4º da ESO do IES Ribeira do Louro. Non podía ser doutra forma: a serie ao completo (que podes atopar na web de Faro de Vigo) levou o Premio Especial Artístico. Todos eles xiran en torno á idea de que o Camiño a Santiago é cultural, pero sobre todo educativo: a lectura é un dos mellores Camiños.
Premiouse o conxunto de traballos, aínda que a recibir o galardón acudiu a súa mestra María José Iglesias. Por iso, imos repasar o proxecto de cada un, para que todos leven un pouco de protagonismo.
Cintia Fariñas preparou un debuxo onde o Camiño “faise ao andar”, desta vez literalmente pois son os peregrinos os que levan un lapis que debuxa a medida que pisan.
Anxo Castaño fala do “Camiño da Educación” mentres as súas personaxes estudan historia ou matemáticas;e tamén de aprendizaxes trata o debuxo de Izan José.
Águeda Fernández sitúa unha das pedras sinalizadoras do Camiño entre unha estantería de libros, coma sobre os que camiñan os peregrinos de Antía Fernández ou os que sosteñen á Catedral na obra de Rebeca Álvarez.
Esperanza Pérez anímanos a deixar “a nosa pegada” fronte a Praza do Obradoiro, e a través dunha lupa podemos ver de cerca as que deixaron os protagonistas da obra de Sabela Feijoo. Esta está, ademais, acompañada pola frase “Atópate. A lectura é o Camiño.”
De feito, sobre Camiños “de conto”fala a pintura que acompaña esta nota, e que está firmada por Laura Romero.
Por último, temos un peregrino, con fondo blanco case celestial, que camiña cara unha Catedral dourada, situada entre as follas dun libro histórico: é a obra de Felipe Cardoso, e que pon o broche final a este conxunto artístico, premiado pola creatividade, pero tamén pola sía mensaxe.
Entre todos, lendo, aprendendo e estudando, percorremos o Camiño da Educación, axudados polos nosos profesores e profesoras: as mellores guías.
- Lleva a reparar su barco a un taller de Vigo y le facturan 4.800 euros por averiguar la avería
- La madre de Gabriel Cruz encara una batalla judicial para parar un documental participado por Ana Julia Quezada
- El Imserso pone fecha a los viajes de la temporada 2024-2025
- Increíble aurora boreal en Galicia y toda España por una histórica tormenta solar
- Un crucero se ve obligado a hacer escala en la ría de Vigo para evacuar de urgencia a una pasajera enferma
- El restaurante, cerca de Vigo, donde pondrás sentirte dentro de 'El señor de los anillos' mientras frutas de las tradiciones gallegas
- Ion Aramendi se pronuncia sin miramientos sobre el futuro de los Mozos de Arousa: "Todo tiene un principio y un final
- Las mejores imágenes de la aurora boreal: Galicia, España y Europa captan escenas únicas