“Ti es parte da cultura”: a programación da Sala Ártika para o último cuatrimestre do 2023

Vinte e cinco compañías pasarán pola sala, situada na rúa Beiramar en Vigo, que traerán á cidade 41 representacións de teatro para público xuvenil, familiar e adulto

A  Panadaría volve con “As que limpan”, despois de colgar o cartaz de entradas esgotadas na Sala Ártika na edición anterior

A Panadaría volve con “As que limpan”, despois de colgar o cartaz de entradas esgotadas na Sala Ártika na edición anterior / Cedida

O XXI Circuíto de Creación Escénica Contemporáneaorganizado pola Rede de Teatros alternativos, será o encargado de comezar esta nova tempada. Un circuíto ideado co obxectivo de facilitar a xira de compañías polas salas alternativas asociadas, sendo Ártika o único espazo en Galicia que acolle este tipo de propostas escénicas.

Nesta ocasión achegarán aos espectadores galegos o espectáculo familiar “Bianco” de Labú Teatre, a aventura poética “Ellos y yo o esa sensación de que los árboles te miran” de Jordi Font (que combina o teatro de obxectos co video mapping), e o espectáculo de danza para bebés “Mímesis” de ZigZag danza.

O 24 de decembro ás 12:00h; “Feo!” de Caramuxo teatro.

O 24 de decembro ás 12:00h; “Feo!” de Caramuxo teatro. / Cedida

Comedia e danza para todos os públicos

Do 7 de outubro ao 19 de novembro, terá lugar o IV Festival Comediártiko. Diferentes espectáculos coa comedia como nexo de unión que se darán cita na Sala Ártika.

Como ser superwoman y no morir en el intento de Impulso teatro, “Curva España” de Chévere, “Inestable” de Sutottos y “Tres cosas” de Sala Cero Teatro, farán rir a gargalladas ao público adulto, mentres que a compañía Arbolé e Compañía Off conLa biblioteca imaginaria” e “ Hechizados farán as delicias dos máis pequenos.

Completan o cartaz A Panadaría, que volven coa súa última produción “As que limpan”, despois de colgar o cartaz de entradas esgotadas nas 6 funcións que fixeron na Sala Ártika na edición anterior.

"Hechizados" fará as delicias dos máis pequenos.

"Hechizados" fará as delicias dos máis pequenos. / Cedida

Os máis pequenos e pequenas da casa seguen tendo un espazo destacado na programación do segundo semestre do ano. O IX Festival Pequeártiko de Nadal, que terá lugar do 22 ao 31 de Decembro e que conta cada vez cunha mellor acollida, tanto entre as compañías que presentan os seus espectáculos para participar nel como entre o público asistente.

As entradas poden ser adquiridas na propia web de sala ou na billeteira o propio día da función

Como novidade, este ano presentamos una programación extendida no espazo OFF da Sala Ártika con tres espectáculos que terán cita no ambigú: Anacos de Ítaca Teatro, “Narracións imprevistas. Literatura repentina” de Jorge de Arcos e Santi Prego e “Marcho que teño que marchar” de Bea Campos.

Completan a programación os espectáculos de danzaUn momento oportuno” de Provisional Danza e “O raro é que bailar sexa raro” de Vacaburra.

Calendario de eventos en Ártika

XXI Circuíto de la Red de teatros alternativos:

  • Domingo 24 de setembro ás 12:00h e as 18:00h ; “ Bianco” de Labú Teatre (Cataluña)
  • Venres 29 e sábado 30 de setembro ás 20:00h; “Ellos y yo o esa sensación de que los árboles te miran” da Compañía Jordi Font (Cataluña)
  • Domingo 01 de outubro ás 17:00h e ás 18:30h; “Mímesis” de Zig Zag Danza (Asturias)
O espectáculo familiar “Bianco” de Labú Teatre.

O espectáculo familiar “Bianco” de Labú Teatre. / Marc Vila

Festival Comediártiko

  • Sábado 07 e domingo 08 de outubro ás 20:00h; “Como ser superwoman y no morir en el intento” de Impulso Teatral (Madrid)
  • Sábado 14 e domingo 15 de outubro ás 20:00h; “ Curva España” de Chévere (Galicia)
  • Sábado 21 de outubro ás 20:00h; “Anacos” de Ítaca Teatro (Galicia) dentro da programación Off no ambigú da Sala Ártika.
  • Sábado 21 e domingo 22 de outubro ás 18:00h; “Hechizados” de Off Compañía (Comunidade Valenciana)
  • Sábado 28 e domingo 29 de outubro ás 20:00h; “Inestable” de Sutottos (Arxentina)
  • Sábado 04 de novembro ás 20:00h; “ Marcho que teño que marchar” de Inventi teatro (Galicia) dentro da programación Off no ambigú da Sala Ártika.
  • Sábado 04 e domingo 05 de novembro ás 18:00h; “La biblioteca imaginaria” de Teatro Arbolé (Aragón).
  • Sábado 11 e domingo 12 de novembro ás 20:00h; “Tres cosas” de Sala Cero Teatro (Andalucía)
Vinte e cinco compañías pasarán pola sala situada na rúa Beiramar en Vigo.

Vinte e cinco compañías pasarán pola sala situada na rúa Beiramar en Vigo. / Cedida

  • Sábado 18 e domingo 19 de novembro ás 20:00h; “As que limpan” de A panadaría (Galicia)
  •  Sábado 25 de novembro ás 20:00h ; “Narracións imprevistas. Literatura repentina” de Santi Prego e Jorge de Arcos (Galicia) dentro da programación Off no ambigú da Sala Ártika. 
  • Sábado 25 e domingo 26 de novembro ás 18:00h; “Colors” de Estudi Zero Teatre (Illas Baleares)
  • Sábado 02 e domingo 03 de decembro ás 20:00h; “ Un momento oportuno” de Provisional Danza (Madrid)
  • Sábado 16 e domingo 17 de decembro ás 20:00h; “ O raro é que bailar sexa raro” de CÍA Vacaburra (Galicia)

Festival Pequeártiko de Nadal

  • Venres 22 de decembro ás 18:00h; “Molly y el gigante” de La Machina teatro (Comunidade Valenciana)
  • Sábado 23 de decembro ás 12:00h e ás 18:00h; “Tras los pasos de Peter Pan” de Teatre de La Caixeta (Comunidade Valenciana)
  • Domingo 24 de decembro ás 12:00h; “Feo!” de Caramuxo teatro (Galicia)
  • Martes 26 de decembro ás 18:00h; “A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz” de Teatro del Andamio (Galicia)
O 30 de decembro, dobre pase de “Burbuja”, de Títeres sin cabeza

O 30 de decembro, dobre pase de “Burbuja”, de Títeres sin cabeza / Cedida

  •  Mércores 27 de decembro ás 18:00h; “O xardín de Vila Gris” de Fulano, Mengano e Citano (Galicia)
  • Xoves 28 de decembro ás 18:00h; “Superchica” de Bambalúa teatro ( Castela e León)
  • Venres 29 de decembro ás 17:00h e ás 19:00h; “Aupapá” de ZigZag danza (Asturias)
  • Sábado 30 de decembro ás 17:00h e ás 19:00h; “Burbuja” de Títeres sin cabeza ( Aragón)
  • Domingo 31 de decembro ás 12:00h “A nena e os tres osos” de Migallas Teatro (Galicia)

Entradas á venta na páxina web da Sala Ártika

O prezo das entradas para os espectáculos de público adulto é de 14€ en taquilla ou 10€ + gastos de xestión es entradas anticipadas.

Para os espectáculos para público familiar, o prezo da entrada é de 10€ en taquilla ou de 8€+ gastos de xestión en entradas anticipadas.