festa da coca

A 'Festa da Coca' volve ás rúas de Redondela

Tradición e devoción se unen dende o próximo mércores co ‘Desfile da Coca’ ou as alfombras florais como principais atractivos

A Danza de las Penlas, un dos elementos máis representativos da Festa da Coca

A Danza de las Penlas, un dos elementos máis representativos da Festa da Coca / Ricardo Grobas

A lenda da Coca é un dos mitos máis importantes da zona de Redondela.

Unha historia que narra que, fai siglos, nesta vila costeira vivía un dragón que raptaba ás mulleres máis fermosas para levalas á súa guarida baixo a ponte da illa de San Simón. Finalmente, armados de valor, os mariñeiros da vila doron a rescatalas, e conseguiron derrotar ao monstruo, levando o seu corpo ata o centro da vila, onde bailaron arredor del blandido as súas espadas.

Esta danza triunfal é a que se rememora todos os anos no desfile do Corpus Christi, co paseo da figura da Coca, acompañada da "Danza das Espadas e as Penlas".

A Festa da Coca celebraráse entre os días 7 e 11 de xuño

 Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e con varios séculos de tradición, a cita co pasado máis épico dos redondelanos volve este mércores á vila dos Viaductos co ‘Desfile da Coca e os Xigantes e Cabezudos’ ou a ‘Mostra de Alfombras Florais’ entre os principais atractivos da programación.

Programa de actividades para derrotar á Coca

O mércores 7, tras o primeiro desfile de cabezudos e coa fin do concerto da Orquestra de Saxos de Redondela, comeza oficialmente a Festa coa lectura do Pregón na praza do Concello, a cargo do equipo de veteranas do Club SAR de Redondela, as SARILLAS. O acto consistirá tamén no Relevo de Burras (onde Miriam Villar Martínez relevará a Sonia Carrera Piedras) e un recoñecemento ás alfombristas que realizan esta labor tan coidada (Carmen Alonso Martínez e Salud Alonso Martínez, Lila Rodríguez Otero, Delia Vilas Barcia, Guadalupe García Díaz, Antonia Fernández Álvarez, Alejandro Hinrichs Gallego, María Martínez Fernández).

Finalmente, acenderáse a iluminación das festas.

Os emblemáticos ‘danza das Espadas’ e ‘baile das Penlas’,

Os emblemáticos ‘danza das Espadas’ e ‘baile das Penlas’,

O xoves 8 comeza co traslado da Virxe "A Gabacha" ás 11 horas, que será levada dende a Igrexa de Vilavella á Igrexa de Santiago de Redondela, acompañada pola Danza das Espadas, das Penlas e a Banda de Música de Redondela, para a continuación, ás 12 horas, teña lugar a Misa Maior.

A mesma hora comeza o desfile da Coca, acompañada dos Mordomos e Dianiños e os indispensables Xigantes e Cabezudos, a ritmo do grupo de gaitas Sons do Castro.

A continuación, coas rúas xa decoradas polas alfombras de flores, a procesión estará acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela.

Pola tarde chega a música, cos concertos da Banda de Música Municipal de Redondela na Alameda de Castelao (ás 18h) e un fin de xornada a cargo da Orquestra Saudade, que despedirá o día dende o Campo da Feira ás 22h.

O desfile repítese o domingo a mediodía, así como a Misa, a Procesión e por suposto, a Danza das Espadas e as Penlas, na Praza de Ponteareas e na Praza de Ribadavia.

A Danza das Penlas xa en 1980.

A Danza das Penlas xa en 1980. / CAMESELLE

Redondela musical

Non se conquista á Coca sen música. Se os mariñeiros bailaron xunto o corpo do dragón derrotado para celebrar a victoria, nós non seremos menos. Por iso, nesta Festa, declarada de Interés Turístico, os concertos son parte indispensable.

A música máis cañera é unha das estrelas nas Festas deste ano, con Rock Redondela dominando o Campo da Feira o venres 9: concertos de RMS (grupo local redondelano, ás 21h), Los Motores (ás 22h) Sínkope (23:15h) e, como colofón, os incombustibles Obús (á 1h da madrugada).

O sábado inicia con doble pase da Banda de Música de Arcade na Alameda de Castelao (ás 11h e ás 18h), a Orquestra Gran Parada as 21h no Campo da Feira, e unha madrugada ambientada por Chaleco Reflectante (ás 00h), Bombai (ás 1:15h) e Rodri Vegas (sesión DJ ás 2:30h).

A Banda de Música de Chapela e a Orquestra Cinema pecharán a Festa da Coca o domingo 11.