Estudantes do IES Marco do Camballón levan a regueifa ao concello de Igorre

Visita ás Covas de Baltzola, no Parque Natural de Gorbeia, cos estudantes de Vila de Cruces.  | // CEDIDA

Visita ás Covas de Baltzola, no Parque Natural de Gorbeia, cos estudantes de Vila de Cruces. | // CEDIDA / REDACCIÓN

REDACCIÓN

Despois de oito anos de intercámbio entre adolescentes galegas e vascas, coa regueifa e o bertsolarismo como fundamento do Proxecto Regueifesta, estes días viaxaron ás terras vascas regueifeiros do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, Vilalba e Monforte, onde se xuntaron con bertsolaris vascos e conviviron tres días en Igorre. Celebraron dous festivais de improvisación cantada, nos concellos de Dima e Igorre, sobre temas como as linguas, a prehistoria ou o as noites da excursión. Mesmo improvisaron unha controversia a favor ou en contra de que unha celulosa se implantase na comarca de Arratia. O alumnado realizou actividades como unha visita, no Parque Natural Gorbeia, ás Covas de Baltzola, co escritor e profesor Ángel Larrea como guía dunha camiñada que xirou en torno á mitoloxía, ou un obradoiro de baile tradicional.