Brincar e rir en galego

A cativada goza no Mercado de xogos populares e a animación de Peter Punk

As actividades da Festa da Lingua trasladaronse na mañá deste sábado ao primeiro andar do Mercado.

As actividades da Festa da Lingua trasladaronse na mañá deste sábado ao primeiro andar do Mercado. / Gustavo Santos

Nun país con 78 substantivos para nomear a chuvia o mal tempo non ía ser un atranco para celebrar a Festa da Lingua, que continuou neste sábado acubillada no Mercado, onde os nenos foron os principais convidados. No primeiro andar da Praza a cativada tivo oportunidade de disfrutar de xogos, animación e música.

Sororas convidou á rapazada a participar en distintos xogos populares, que deron paso á animación de Peter Punk e ao seu espectáculo Peor Impossivel. Pola súa banda, as gaitas de Foula puxeron a banda sonora nunha mañá para brincar e rir en galego.

A programación, na que colaboraron o Concello e o Centro Social A Pedreira, continuou cun xantar ao que as crianzas acudiron de balde.

A programación, na que colaboraron o Concello e o Centro Social A Pedreira, continuou cun xantar ao que as crianzas acudiron de balde

Participantes na sesión de xogos populares.

Participantes na sesión de xogos populares. / Gustavo Santos

As actividades ligadas ao ciclo “Maio, mes da lingua”, intensificaranse na videira fin de semana. O sábado a Illa do Covo será escenario de “Traficantes de verbas”, con Aventeira, que principiará ás 12 horas e para o que non se precisa inscripción previa. Diríxese a escolares de 8 a 12 anos.

Nesa mesma xornada o Centro Cultural de Monte Porreiro será escenario de “Falemos como galegas”, a cargo de Migallas. O espectáculo teatral comezará ás 17 horas e a entrada será libre ata completar a cabida.

Unha meniña proba sorte co xogo da ra.

Unha meniña proba sorte co xogo da ra. / Gustavo Santos

Ao día seguinte, o vindeiro 26, o Teatro Principal acollerá a partires das 17 horas a final de “Bótalle un conto”.

E o día 27 celebrarase unha das grandes citas dos escolares co galego, o Correlingua, que sairá ás 10.30 horas da Alameda.

Suscríbete para seguir leyendo