Lalín celebrará o Mes das Letras con danza, teatro, concertos ou obradoiros creativos
A programación arranca o día 9 cunha xornada adicada ao escultor Francisco Asorei
María do Ceo ofrecerá un recital o 12 e o 19 actuará a Banda de Música de Vilatuxe
A concelleira de Cultura de Lalín, Begoña Blanco, deu a coñecer no día de onte a programación do Concello de Lalín de Maio, o Mes das Nosas Letras, unhas datas, en palabras da representante do grupo de gobnerno local “moi significativas e representativas da nosa identidade nas que animamos á veciñanza a festexalas participando nas distintas actividades que se desenvolverán ao longo do mes”.
Este programa de actividades iníciase o xoves 9 cunha Xornada Conmemorativa do Seminario de Estudos de Deza (SED) dedicadas a Persoeiros Ilustres na Historia de Deza e que estará centrada no escultor cambadés Francisco Asorey González a quen a Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba) dedica neste 2024 o Día das Artes Galega”. O relatorio correrá a cargo de Felipe Senén, membro da citada academia, e desenvolverase ás 20.30 horas no Museo Municipal. Cómpre destacar que Asorey conta con dous importantes conxuntos escultóricos no termo municipal, en concreto no núcleo urbano. Son, monumento dedicado ao aviador Joaquín Loriga e ao astrónomo Ramón María Aller, Ulloa e está previsto a celebración dun acto homenaxe ao longo deste ano en colaboración coa academia.
O sábado 11 ás 18.00 horas, no Salón Teatro, desenvolverase Kyoki, unha actividade para público familiar, da compañía Elefante Elegante, consistente nunha proposta escénica sobre o esquecemento, a soidade e a vellez. Firmada polos creadores María Torres e Gonçalo Guerreiro é unha viaxe emocional desde a nenez ata a vellez a través da memoria: unha obra de linguaxe xestual cómica e reflexiva sobre o esquecemento e a soidade.
A cantante de fado e compositora galaico-portuguesa, María do Ceo, ofrecerá un concerto en directo o domingo día 12. Será a partir das 18.00 horas no vestíbulo da casa do concello e a entrada será libre ata completar aforo. Embaixadora da cultura galega polo mundo, a súa destacada carreira internacional con máis de 25 anos sobre os escenarios, levouna a estar considerada como unha fadista tradicional, sucesora de Amália Rodríguez. Interpreta acompañada por dous ou tres instrumentos tradicionais: guitarra, viola e acordeón.
Contacontos
O mércores 15 terá lugar o obradoiro creativo e contacontos para nenos con idades comprendidas entre os 6 a 10 anos. Trátase da proposta denominada O lapis que non quería ir á escola, unha actividade de dinamización lectora coa que as crianzas descubrirán as múltiples variedades que teñen os contos. Será ás 18.00 horas na planta baixa da Biblioteca Municipal.
O Día das Letras, 17 de maio, estará dedicado a Luísa Villalta, autora homenaxeada este ano. Firme defensora da lingua como piar da nosa identidade, foi autora que renovou as nosas letras ao explorar a relación entre a música e a literatura.
Espectáculo Bailador
Para o sábado 18 está prevista a celebración dun obradoiro de construción de pandeiretas guiado polo artesán Sanín. Desenvolverase de 16.00 a 20.00 horas no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero. A Banda de Música de Vilatuxe ofrecerá o Concerto das Letras Galegas que terá lugar o domingo 19, ás 12.00 horas, na Praza da Igrexa.
O venres 24 de maio representarase Bailador, de Óscar Cobos Compañía de Danza. Terá lugar a partir das 21.00 horas na Praza da Igrexa con entrada gratuíta. É unha peza de danza galega contemporánea baseada nas músicas de Berrogüetto, una obra coreográfica que rende unha profunda homenaxe á nosa danza de raíz e a un grupo que transformou o modo de entender e interpretar a música tradicional. A peza é unha mostra de admiración e agradecemento a todas as mulleres que transmitiron o noso baile de raíz.
Mostra na biblioteca
E xa por último, o mércores 29 tocaralle o turno ao espectáculo “Güe-Güe”, actividade de artes escénicas (monicreques) e de dinamización lectora dirixida a un público familiar. Está programado para ás 21.00 horas na Praza da Igrexa.
Desde o departamento de Cultura lémbrase que tamén durante todas estas datas se poderá ver na Biblioteca Municipal Varela Jácome unha exposición monográfica dedicada ás Letras.
- Una empresaria de Baiona pierde su casa y su patrimonio millonario por una multa
- Así fue como Andreita, la hija de Belén Esteban, ayudó a los Mozos de Arousa a llevarse la victoria en 'Reacción en cadena
- “Yo lo que quería era pagar la multa para no perderlo todo pero me engañaron”
- El rey emérito disfruta de una mariscada de tres horas y media en O Grove
- Un coche en sentido contrario provoca dos accidentes en la VG-20 en Vigo
- El casoplón de tres plantas con terraza en pleno corazón de Vigo: la vivienda de 5 habitaciones de venta en Camelias
- 404 Not Found
- Una aseguradora compensará a un vigués tras declarar siniestro total un coche que se podía reparar