A Riala organiza un ciclo de 20 concertos e pon en marcha a iniciativa “entrada inversa”

As actuacións mesturan música de varios estilos, recitais e humor, e terán lugar dende abril a agosto | O cliente decide se pagar tras desfrutar do espectáculo

Álex Brey e Patricia Lozano, detrás da barra de A Riala.

Álex Brey e Patricia Lozano, detrás da barra de A Riala. / Redacción

Redacción

A taberna estradense A Riala, ubicada na Zona dos Viños, organiza este verán un ciclo de concertos na súa terraza que leva o nome de “[.] de Encontro”. Serán máis de 20 as actuaciones repartidas dende abril a agosto, con estilos como o country, o rock, jazz, folk ou punk, así como outras artes, como a poesía, a prosa e ata catro sesións de humor que levan por nome On the Road Openmic. A entradas serán á inversa, e os clientes decidirán despois de desfrutar do espectáculo que precio pagar.

O proxecto arranca en abril, co concerto de Mad Martin Trio o xoves 4, seguindo o sábado 13 con Brua, xoves 18 con Sr. Salvaje Dúo e i sábado 27 con Comando Curuxás. Xa en maio tocará o xoves 2 concerto de Moa Dixie Banda, o sábado 11 Distance Sister, o domingo 12 On the Road Openmic, o xoves 16 A Sega, as Letras de Villalta, o sábado 25, A Requinta da Laxeira e o xoves 30 Gloria Pavia.

Xa en xuño os primeiros en actuar serán Balai Malditos o sábado 8, On the Road Openmic o domingo 9, Dani Blanco o xoves 13, e cerrará o terceiro mes deste ciclo Darllo Bolo o sábado 22 de xuño, xusto antes de San Xoán e o inicio das fiestas do San Paio.

Xullo inaugurarase con outro artista local, Charliño Darko, o xoves 13. Seguiráo outra sesión de On The Road Openmic o domingo 14. O sábado 20 tocará Lideira e o xoves 25 Leo Arremecghona. Finalmente, para despedir a iniciativa, o broche de ouro poñeráo en agosto Branco e Negro o xoves 8, On the Road Openmic o domingo 11, Noxo o sábado 17, Ago Cinta Adhesiva o domingo 11 e por último, Galega de Bailables o sábado 31.