O Marco do Camballón estrea o documental “Neofalantes”

Dende hoxe pode verse en Youtube o documental Neofalantes, un vídeo de 21 estudantes de 3º da ESO do instituto Marco do Camballón e que pertence ao proxecto Matrix, que anima a falar galego ao estudantado que non é galego faltante inicial e a reflexionar sobre os distintos tipos de falantes. Na peza audiovisual saen persoas de Marrocos, de Venezuela ou de China, que están aprendendo ou xa falan con moita soltura o galego, así como varias profesoras que viven en Galicia dende toda a vida e que nun momento dado decidieron empezar a falar nesta lingua para, por exemplo, poder transmitirlla á súa filla, como indica unha docente.