Síguenos en redes sociales:

Silencio... ródase

Alumnado do IES Marco do Camballón elabora un documental sobre a recollida que fixo a musicóloga Dorothé Schubart de cancións populares na parroquia de Sabrexo

Silencio... ródase

En novembro, o claustro do Museo do Pobo Galego acollerá unha exposición do proxecto Ao son da oralidade. O noso patrimonio. Da pedra á palabra. Da prehistoria ao século XXI, posto en marcha entre os institutos do Milladoiro e Marco do Camballón e que os fixo merecedores, en xuño do ano pasado, do premio Antonio Fraguas. Precisamente o galardón, ademais dos 7.000 euros en metálico, levaba aparellada esta mostra.

Fluviatilis organiza unha exposición sobre especies invasoras O instituto Marco do Camballón acolle dende o día 6 e ata o 18 a mostra Unha invasión silenciosa. A biodiversidade sobre ameaza. A exposición está organizada por Adega, dentro do proxecto Fluviatilis e coa que quere demostrar os perigos ao que se enfrontan os ecosistemas fluviais tralo asentamento de especies foráneas. Fluviatilis conta co apoio do Ministerio para la Transición Ecológica.

O instituto cruceño encárgase da sección de oralidade e doutras intervencións, como o patrimonio dos petróglifos e a súa vinculación con outra publicación anterior do centro, Tattoos da Galiza. Dende Vila de Cruces tamén viaxará a Compostela un mapa xigante, o Mapa dos Tesouros de Vila de Cruces, como explica o docente Sechu Sende.

Así, no Museo do Pobo Galego poderán contemplarse contidos sobre oralidade e regueifa (que é materia optativa no Camballón dende hai varios cursos), e tamén sobre o Entroido do Ulla. Hai que lembrar que no curso pasado este centro educativo fixo un estudo sobre a pervivencia dos nomes de Soult e Ney, dous mariscais francés, como nomes para os cans.

Pero nesa exposición tamén haberá un documental, que leva por nome Do aturuxo ao autotune. Este luns, un grupo de 20 alumnos e alumnas da materia de Oralidade de terceiro de Secundaria desprazouse á parroquia de Sabrexo, onde hai máis de corenta anos, en 1980, a musicóloga Dorothé Schubart recolleu varias canciósn populares. A tamén compositora suiza xa percorrera boa parte de Galicia nos anos 70, recompilando e transcribindo xunto ao filógo Antón Santamarina milleiros de melodías e textos para o Cancioneiro Popular Galego. En Sabrexo, Schubart entrevistou a tres veciños, Oliva, Presentación e Ramón, que interpretaron para ela diversas composicións populares. Antonte, con Nerea Fiúza Mosquera detrás da cámara, o estudantando cruceño comezou a grabar o documental.

Nesta primera parte recréase esa visita de Schubart a terras cruceñas. O alumnado estivo acompañado por un compañeiro que é desta parroquia de Sabrexo, e recreou esa entrevistacos tres veciños. Houbo tamén tempo para volver poñerlle voz a un deses temas, Unha pera, dúas peras, que hoxe en día segue a cantarse moito nas festas dos instituto, nas celebracións dos fogares ou nos grupos de pandeireta, como se explica no documental. Unha das alumnas tamén se atreveu con esta regueifa: “Aquí estamos, compañeiras/estámolo a pasar ben/recordando en Sabrexo/recordando en Sabrexo/ á amiga Dorothé”.

A seguinte sesión de rodaxe xa será na radio do instituto, para ver a influencia do cancioneiro popular en artistas contemporáneos como Xabier Díaz, Mondra, Sés ou As fillas de Casandra.

Pulsa para ver más contenido para ti